Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

As persoas con Autismo/TEA/Asperger poden facer saídas terapeúticas

As persoas con discapacidade, que teñan alteracións conducturais, como por exemplo, persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, ás cales se lles puidese agravar a súa situación polo confinamento derivado da declaración do estado de alarma , poden circular polas vías de uso público na compañía doutra persoa.

REQUISITOS:

O acompañante debe levar durante ditas saídas Informe dun facultativo onde se recolla a necesidadede realizar ditos paseos.

Para a obtención do devandito informa solicitarase unha cita telemática na web do Servizo Galego de Saúde (www.ser​gas.es​) co seu/súa médico/a de cabeceira . Será accesible a través da páxina É-Saúde (https://esaude.sergas.es/EPACI_epaciente/#/home) ou ben remitirase por correo certificado ao enderezo familiar.

RECOMENDACIÓNS:

É recomendable levar tamén o certificado de discapacidade ou prescrición sanitaria ou social.

E RECORDE:

Respecte sempre as medidas necesarias para evitar o contaxio (distancia de 2 metros con outras persoas, lavado adecuado de mans despois de volver do paseo, etc...)

Base legal: Instrucción de 19 de marzo de 2020, Ministerio de Sanidad, por la que se establecen los criterios interpretativos para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19(BOE nº76, 20.03.2020). ​Vixente dende a data de publicación no BOE.​

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro