Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O COMEDOR ESCOLAR

No vindeiro curso 2015-2016 continuamos coa a xestión do comedor escolar por medio da Consellería de Educación, establecendo esta os prezos que hai que pagar polo seu uso.

A Consellería de Educación estableceu un total de 35 prazas para o noso comedor escolar.

A orde de preferencia para a admisión é a seguinte:

1º Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

2º Alumnado usuario lexítimo do servizo de transporte escolar (por favor poñede na instancia se o alumno ou alumna para a que se solicita a praza de comedor te dereito a trasnporte escolar)

3º Alumnado pertencente a unidades familiares  que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

4º Alumnado membro de familias numerosas

5º Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente.

6ª Outro alumnado do centro

O prazo para entregar as solicitudes será ata o 22 de xuño. É moi importante que o alumnado que viña facendo uso do comedor non se esqueza de entregar a solicitude, para saber se sobran prazas para ofertar ao resto do alumnado.

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro