Responder ó comentario
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Este ano, dende o EDLG, continuamos co proxecto que comezamos o ano pasado, O Grove no tempo. No curso anterior, recordamos a nosa vila dende fotografías antigas e aprendemos como vivían os nosos pais e avós e a que se adicaban. Este curso, as familias achegáronnos utensilios antigos e os nenos que os trouxeron explicaron nas súas clases o uso ao que se destinaba. Ademais, as familias estaban convidadas a participar na aula, como fixo o bisavó de Xoel, quen nos explicou que era un xugo e unha lámpada de gas e para que se utilizaban. Moitas gracias pola súa participación!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1.jpg | 1009.35 KB |
2.jpg | 1.23 MB |