Blogues

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Aquí vos deixamos á ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.html

Nos archivos adxuntos vos deixamos toda a información ao respecto.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS.

Aquí vos deixamos a lista provisional dos alumnos e alumnas admitidos/as no noso colexio para o curso escolar 2017-2018.

As listas definitivas sairán antes do 15 de Maio e se deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de Xuño.

 

ENTROIDO

Recordade que mañá, venres 24 de Febreiro nos xuntaremos no patio do colexio ás 12:15 para facer o desfile de Entroido. A continuación degustaremos doces de Entroido que os pais e nais aportarán.

Despois tocan días de descanso, así que volveremos a vernos o día 2 de Marzo.

DÍA DA PAZ.

No noso colexio, celebramos o día da Paz o día 31 de Xaneiro. Para esta celebración: decoramos varios paraugas para colgar polo colexio, fixemos unha árbore da Paz na clase de Arts, montamos unha pomba da Paz con pezas dun puzzle que cada clase foi completando con palabras de Paz e cantamos entre todos a canción "Campás pola Paz" usando a linguaxe de signos. Para finalizar a xornada, fixemos a tradicional convivencia-comilona entre mestres/as e os alumnos/as de Sexto.

      

    

EDUCACIÓN VIAL.

Dende o 20 de Xaneiro, os vindeiros venres contaremos coa visita da nosa Policía Ana, que nos axudará a coñecer máis sobre a seguridade vial.

 

Xa temos logotipo para o noso proxecto!

A semana pasada fixemos un concurso entre todo o colexio para elexir o que será o logotipo do Proxecto deste curso "Unha viaxe polo espazo". De entre todos os debuxos presentados polos nenos e nenas do centro, o debuxo de Jorge, de 4º B, foi o elexido. Os nenos e nenas de 4ºB, xunto co profe Gonzalo, puxéronse mans á obra para realizar o diseño en 3D, e aquí vedes como vai quedando....unha marabilla!!!

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Mañá día 25 de Novembro, celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No colexio andamos a argallar varias actividades en torno a este tema. Entre elas, os nenos e nenas de 6º fixeron un cartaz que vos mostramos a continuación, e un "Manequin Challenge" que incluso quixeron compartir dende a Voz de Galicia. Esperamos que vos guste!

http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/o-grove/2016/11/24/manequin-challenge-contra-violencia-genero/00311480009350346915219.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbarou

(Copiar e pegar o enlace na barra de direccións para acceder á noticia da Voz de Galicia)

MAGOSTO.

Hoxe, co motivo do Magosto, celebramos unha xornada de xogos e merendolas. 

Primeiro nos xuntamos todos no pavillón para practicar uns xogos populares moi entretidos, e logo fumos correndo ao patio a degustar as riquísimas castañas que fixeron os nosos castañeiros.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada:

                                 

 

          

MÍNIMOS ESIXIBLES EDUCACIÓN PRIMARIA.

A continuación ofrecemos ás familias os mínimos esixibles en cada curso para superar as materias e poder promocionar ao curso seguinte.

MÍNIMOS ESIXIBLES DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁREA DE MATEMÁTICAS

  • Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo limpo, claro e ordenado no caderno e en calquera aspecto a traballar na área de Matemáticas.

  • Manifesta interese na utilización dos medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe.

  • Le, escribe e ordena números ata o 99.

  • Ordena números enteiros e represéntaos na recta numérica.

  • Emprega procedementos diversos na realización de cálculos numéricos básicos (suma e resta).

  • Realiza medicións co palmo, o paso e o pé.

  • Compara e identifica cal é o recipiente de maior capacidade.

  • Describe a situación dun obxecto do espazo próximo en relación a un mesmo e a outros puntos utilizando os conceptos de esquerda-dereita, diante-detrás, arriba-abaixo, preto-lonxe e próximo-afastado.

  • Recoñece formas rectangulares, triangulares e circulares en obxectos do contorno inmediato.

 

ÁREA DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

  • Expresa de forma global sentimentos, vivencias e emocións propias, admitíndose interferencias lingüísticas co galego.

  • Aplica as normas socio- comunicativas: escoita e respecta a quenda de palabras.

  • Participa en diversas situacións de comunicación.

  • Comprende , con axuda, o sentido global de textos orais de uso habitual, do ámbito escolar e social.

  • Canta cancións, conta e recita pequenos contos e poemas.

  • Le con pronunciación axeitada textos sinxelos e breves, adaptados a súa idade.

  • Expresa o gusto pola lectura como fonte de lecer.

  • Escribe, con axuda, textos moi sinxelos.

  • Presenta os seus escritos con caligrafía clara e limpa, evitando riscos.

  • Recoñece o alfabeto e iníciase na orde alfabética.

  • Forma e ordena correctamente oracións simples.

  • Dramatiza con xestos e palabras, escenas de contos.

 

ÁREA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

  • Comprende a información xeral e relevante de textos orais moi sinxelos procedentes da radio ou da televisión, próximos á experiencia infantil.

  • Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o interlocutor e contestando se é preciso.

  • Sigue unha exposición breve da clase ou explicacións sobre a organización do traballo.

  • Participa no traballo en pequeno grupo.

  • Respecta as quendas de palabra nos intercambios orais.

  • Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada…

  • Comprende a información relevante de textos sinxelos, sobre feitos e acontecementos próximos á experiencia do alumnado con apoio visual.

  • Le textos sinxelos en voz alta admitindo o silabeo.

  • Amosa interese pola lectura.

  • Elabora pequenos textos ou frases con certa coherencia.

  • Interésase pola presentación dos textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.

  • Recoñece de forma xeral, palabras e sílabas.

  • Identifica os nomes propios a partir de palabras dadas, frases ou textos.

  • Recoñece a relación entre son e grafía.

  • Le, de forma guiada e en voz alta, textos adecuados aos intereses infantís.

 

 

 MÍNIMOS ESIXIBLES DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

  1. Expresase cunha pronunciación e unha dicción axeitadas utilizando o vocabulario adecuado ó seu nivel.

  2. Comprende a información xeral e relevante de textos orais sinxelos.

  3. Elabora e produce textos orais sinxelos de diferente tipoloxía: noticias, avisos, contos, poemas…

  4. Le en voz alta, con pronunciación, velocidade lectora e entonación axeitada.

  5. Escribe textos sinxelos respectando as normas gramaticais e ortográficas básicas con caligrafía clara e limpeza.

  6. Utiliza con corrección os tempos verbais: presente, pasado e futuro.

  7. Utiliza sinónimos e antónimos, polisémicas na expresión oral e escrita.

  8. Reproduce textos orais moi breves: cancións e poemas.

 

MATEMÁTICAS

  1. Explica oralmente o proceso seguido para resolver un problema.

  2. Le, escribe e ordena números ata o 999.

  3. Identifica o valor de posición das cifras en situacións e contextos reais.

  4. Realiza correctamente series tanto ascendentes como descendentes.

  5. Utiliza números ordinais en contextos reais.

  6. Descompón e compón números naturais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.

  7. Identifica os números pares e os impares.

  8. Realiza cálculos numéricos coas operacións de suma e resta na resolución de problemas contextualizados.

  9. Realiza cálculos numéricos básicos coa operación da multiplicación na resolución de problemas contextualizados.

  10. Resolve operacións con cálculo mental.

  11. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados.

  12. Coñece e utiliza as unidades de medida de lonxitude (quilómetro, metro e centímetro), as de peso (quilo, médio quilo e cuarto quilo) e as de capacidade (litro, médio litro e cuarto litro).

  13. Le a hora en reloxos analóxicos e dixitais (en punto, medias e cuartos).

  14. Coñece a función e o valor das diferentes moedas e billetes do sistema monetario da UE.

  15. Coñece os diferentes tipos de polígonos en obxectos do entorno inmediato.

  16. Rexistra e interpreta datos en representacións gráficas.

 

LINGUA GALEGA E LITERATURA

1. Elabora e produce textos orais sinxelos.

2. Utiliza a língua galega em calquera situación de comunicación dentro da aula e valora o seu uso fora de ela.

3. Le textos en voz alta, con pronunciación, velocidade lectora e entonación axeitada.

4. Elabora textos con coherencia xeral, de xeito creativo e seguindo as normas básicas de presentación: disposición no papel, limpeza e claridade.

5. Aplica, de maneira xeral, as normas ortográficas, con especial atención ao uso das maiúsculas.

6. Identifica nomes comúns e propios e sinala o xénero e número das palabras.

 

7. Amosa curiosidade por coñecer outros costumes e formas de relación social, respectando e valorando a diversidade cultural.

 

 

MÍNIMOS ESIXIBLES DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

 

  • Comprensión de textos de diversa tipoloxía, adecuados á súa idade, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e fixar a ortografía correcta.

  • Uso do dicionario.

  • Utilización guiada das Tecnoloxías da Información e Comunicación para a procura da información e para a creación de textos.

  • Creación de textos literarios moi sinxelos, en prosa ou en verso: contos, poemas, adiviñas, cancións e teatro coa cohesión axeitada.

  • Valoración da propia produción escrita, así como a produción escrita dos seus compañeiros.

  • Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, xeración de ideas, estrutura...).

  • Recoñecemento, características e uso adecuado das distintas clases de palabras (nome, verbo, adxectivo, pronomes, artigos).

  • Tempos verbais: presente, pasado e futuro.

  • Ortografía: utilización das regras básicas de ortografía e puntuación.

- Recoñecemento dos constituíntes oracionais básicos: suxeito e predicado.

  • As relacións gramaticais e explicación reflexiva das relacións que se establecen entre os diferentes tipos de palabras.

  • Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas que coñece para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.

  • Comprensión, memorización, dramatización e recitado de textos literarios co ritmo, entoación e dicción adecuados.

  • Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

LINGUA GALEGA E LITERATURA

 

  • Comprensión e produción de textos sinxelos coa cohesión e coherencia adecuadas.

  • Participación e cooperación nas situacións comunicativas con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (petición e quendas de palabra, mantemento do tema, respecto ásopinións das demaispersoas, posturas e xestos adecuados).

  • Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas, respectando as e opinións de quen fala e sen interrupcións inadecuadas.

  • Uso de estratexias elementais para comprender e facer comprender as mensaxes orais: entonación, ritmo e xestualidade.

  • Uso, de forma xeral, dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

  • Uso da biblioteca respectando as súas normas de funcionamento e valorándoa como fonte de información e de ocio e participación en actividades literarias.

  • Autonomía lectora, capacidade de elección de temas e de textos e de expresión das preferencias persoais.

  • Uso das estratexias de planificación, de textualización e revisión como partes do proceso escritor.

  • Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos.

  • Uso das normas ortográficas e de puntuación básicas.

  • Uso correto do dicionario.

  • Valoración da lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.

  • Escoita, memorización e reprodución de textos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas,lendas, contos, poemas, cancións, ditos) e da literatura galega en xeral.

  • Valoración e aprecio do texto literario galego (oral ou non) como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal.

  • Lectura guiada de poemas, de relatos e de todo tipo de obras literarias, recoñecendo as características dalgúns modelos.

  • Recreación, dramatización e composición de poemas e relatos para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas.

 

MATEMÁTICAS

- Números naturais ata o 10000: nome e grafía.

- Equivalencias: unidades, decenas, centenas, unidade de millar e decena de millar.

- Operacións con números naturais: adición, substración, multiplicación e división por un número de unha cifra.

- Construción e memorización das táboas de multiplicar.

- Coñecemento e suma e resta de medidas de lonxitude, capacidade e peso ou masa.

- Unidades de medida do tempo e a súa relación. Lectura de reloxos analóxicos e dixitais e cálculos con medidas temporais.

- O euro: valor das diferentes moedas e billetes.

- Identificación e resolución de problemas relacionados coa vida cotiá e axeitados ao seu nivel.

- Identificación e clasificación de figuras planas e corpos xeométricos.

 

 

 

MÍNIMOS ESIXIBLES DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁREA MATEMÁTICA

1. Le, escribe e ordena de maneira lóxica números naturais de ate 9 cifras

2. Sabe a tabla de multiplicar ate o 10

3. Sabe traballar de maneira práctica coas moedas en vigor

4. Acada a división por dúas cifras

5. Realiza cálculo mental das operacións básicas

6. Coñece e aplica as formas de medición real

7. Resolve problemas coas operacións básicas

8. Nomea e identifica as figuras xeométricas básicas

 

 

LINGUA GALEGA

 

1. Extrae as ideas principais de textos orais i escritos

2. Participa en intercambios orais, sin interromper

3. Fai uso da a língua galega nos intercambios orais

4. Utiliza nexos básicos na súa expresión oral i escrita

5. Fai uso autónomo do diccionario

6. Realiza resumos coherentes de textos sinxelos

7. Aplica os signos de puntuación básicos e as regras de acentuación

8. presenta os seus traballos con orde, claridade e limpeza

 

 

 

MÍNIMOS ESIXIBLES DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ÁREA DE MATEMÁTICAS

  • Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter información, realizar cálculos numéricos, resolver problemas e presentar resultados.

  • Realización das actividades propostas, así como o estudo dos contidos, tanto na aula como na casa.

  • NÚMEROS NATURAIS

  • Lectura, escritura, descomposición e ordenación de números naturais de máis de 6 cifras.

  • Estimación de números naturais.

  • Operacións con números naturais: suma, resta, multiplicación e división. Identificación dos seus termos.

  • Operacións combinadas sinxelas. Xerarquía.

  • Múltiplos e divisores dun número natural.

  • Resolución de problemas da vida cotiá.

  • FRACCIÓNS

  • Concepto de fracción como relación entre as partes e o todo e a súa representación.

  • Sumas e restas de fraccións.

  • Fraccións equivalentes.

  • NÚMEROS DECIMAIS

  • Lectura, escritura, descomposición e ordenación de números decimais ata a milésima.

  • Suma, resta e multiplicación con decimais.

  • Resolución de problemas da vida cotiá.

  • MEDIDA

  • Estimación de lonxitudes, capacidades, masas e superficies de obxectos e espazos coñecidos; elección da unidade e dos instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida.

  • Comparación, ordenación e paso de unidades con medidas dunha mesma magnitude.

  • Sumar e restar medidas de lonxitude, capacidade e masa.

  • Unidades de medida do tempo: horas, minutos e segundos. Cálculos con medidas temporais. Lectura en reloxos analóxicos e dixitais.

  • Medida e clasificación de ángulos.

  • Resolución de problemas sinxelos de medida.

  • XEOMETRÍA

  • Estudo de diferentes polígonos.

  • Clasificación de triángulos atendendo ós seus lados e ós seus ángulos.

  • A circunferencia e o círculo. Elementos básicos: centro, radio, diámetro.

  • Resolución de problemas sinxelos da vida cotiá.

 

ÁREAS DE LINGUA GALEGA E CASTELÁ E LITERATURA

 

  • Realización das actividades propostas das diferentes linguas, así como o estudo dos contidos, tanto na aula como na casa.

  • Expresión de ideas, pensamentos, opinións, sentimentos e emocións de forma clara, coherente e secuencial, tanto de forma oral como na escrita.

  • Identificación de similitudes e diferenzas entre as linguas galega e castelá para mellorar na súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.

  • Lectura e comprensión lectora de textos.

  • Traballo e produción de diferentes tipos de textos: descritivos, narrativos e cartas.

  • Aplicación das normas ortográficas, signos de puntuación e regras de acentuación.

  • A palabra. A sílaba tónica e a sílaba átona. Separación das sílabas nunha palabra. Ditongo e hiato. Separación das sílabas dunha palabra a final de liña.

  • Clasificación das palabras segundo o número de sílabas e segundo a sílaba tónica.

  • Diferenciación entre palabras sinónimas, antónimas e polisémicas.

  • Identificación nun texto das distintas clases de palabras: artigo, nome, adxectivo, verbo e pronome.

  • As contraccións nas diferentes linguas (galega e castelá).

  • Creación de oracións a partir de palabras soltas utilizando correctamente as diferentes clases de palabras.

  • Recoñecemento do suxeito e do predicado nunha oración simple unha vez identificado o verbo.

  • Conxugación dos verbos regulares máis frecuentes en presente, pretérito e futuro.

 

MÍNIMOS ESIXIBLES DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

 

-Emprega conscientemente recursos lingüísticos e paralingüísticos para comunicarse nas interaccións orais, participando activamente en distintas situacións de comunicación.

-Amosa unha actitude de escoita atenta e unha comprensión xeral, de acordo ao seu nivel educativo.

-Comprende textos de diferente tipoloxía identificando a súa intención comunicativa.

-Identifica o tema, as ideas principais e as secundarias dun texto, elaborando resumos e esquemas.

-Reproduce de memoria textos breves literarios e non literarios.

-Le en silencio e en voz alta coa velocidade, fluidez e entoación adecuada textos de diferente complexidade e tipoloxía.

-Formula hipóteses sobre o contido a partir do título e das ilustracións.

-Emprega a biblioteca para localizar un libro determinado e expón os argumentos de lecturas realizadas dando referencias bibliográficas como autor, etc.

-Escribe textos de variada tipoloxía (planificando, redactando e revisando) en diferentes soportes, con coherencia e cohesión, respectando as normas básicas gramaticais e ortográficas da lingua castelá.

-Reproduce textos ditados respectando as normas básicas de ortografía.

-Valora as súas producións escritas e as dos compañeiros.

-Identifica todas as categorías gramaticais pola súa función na lingua

-Coñece os tempos simples e compostos e conxúgaos e úsaos con corrección.

-Utiliza axeitadamente o dicionario.

-Aplica correctamente as normas básicas de acentuación.

-Utiliza unha sintaxe adecuada ao seu nivel educativo.

-Distingue entre prosa e verso e coñece as súas características

-Interpreta recursos literarios básicos.

-Distingue, aprecia e valora a linguaxe poética.

-Realiza dramatizacións empregando a linguaxe e a paralinguaxe necesaria.

 

LINGUA GALEGA E LITERATURA

-Comprende o significado literal e inferencial dun texto oral.

-Interpreta en producións orais a retranca, a ironía e os dobres sentidos, recoñecendo a retranca como un trazo característico do galego.

-Participa axeitadamente nun acto comunicativo.

-Emprega correctamente a linguaxe non verbal.

-Planifica e elabora un discurso de forma coherente e cun vocabulario propio do seu nivel educativo e é quen de exprésalo diante dos seus compañeiros.

-Interpreta e comprende a información contida en textos de diferentes tipoloxía.

-Fai unha lectura rápida, selectiva ou integral.

-Le textos en voz alta con bastante fluidez.

-Usa as bibliotecas- convencionais e virtuais- para obter información.

-Planifica e elabora textos coherentes respectando as normas básicas da ortografía e da gramática galega, en diferentes soportes, coidando a presentación.

-Recoñece as distintas categorías gramaticais pola súa función na lingua.

-Coñece, conxuga e usa con corrección as formas verbais.

-Coñece e aplica as normas de acentuación básicas.

-Usa unha sintaxe adecuada ao seu nivel edudativo.

-Uso con soltura o dicionario.

-Coñece e usa o vocabulario axeitado ao seu nivel educativo.

-É quen de nomear algún dos escritores máis representativos da nosa literatura.

-Distingue entre prosa e verso.

-Interpreta recursos literarios básicos.

-Realiza dramatizacións empregando a linguaxe e paralinguaxe necesaria.

MATEMÁTICAS

-Desenvolve e aplica estratexias de razoamento para resolver problemas e reflexiona sobre eles.

-Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.

-Le, interpreta, escribe e ordena números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas).

-Realiza operacións con fraccións do mesmo e de distinto denominador (suma, resta, multiplicación, división, obtención de fracccións equivalentes,...)

-Opera cos números coñecendo a xerarquía das operacións.

-Calcula cadrados, cubos e potencias de base 10

-Realiza operacións con números decimais, redondea e estima.

-Usa a regra de tres en situacións de proporcionalidade directa.

-Calcula todos os divisores de calquera número menor de 100.

-Calcula o mcm e o mcd.

-Calcula tantos por cen en situacións reais.

-Elabora e emprega estratexias de cálculo mental.

-Resolve problemas que impliquen o dominio de contidos traballados, incluídas as táboas de multiplicación.

-Estima lonxitudes, capacidades, masas, superficies e volumes de obxectos e espazos coñecidos.

-Mide con instrumentos elixindo a unidade adecuada.

-Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade, masa, superficie e volume e expresa o resultado en forma simple e complexa.

-Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude.

-Clasifica triángulos atendendo aos seus lados e aos seus ángulos

-Aplica os conceptos de perímetro e superficie de figuras para a realización de cálculos sobre planos e espazos reais e para interpretar situacións da vida diaria.

-Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio e diámetro.

-Calcula perímetro e área da circunferencia e do círculo.

-Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados

-Identifica e recolle datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares e utilizaos para construir táboas.

-Resolve problemas que impliquen dominio dos contidos propios da estatística e probabilidade

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer