blogue dexe

LIBRO DIXITAL DA MOCHILA VIAXEIRA

Ola a tod@s! Aquí vos deixo o enlace para que poidades acceder ao libro dixital realizado cos traballos feitos polos nen@s despois da lectura dos libros da mochila viaxeira de cada clase.

 

 

FOLGA DE TRANSPORTE.

Informamos que mañá continúa a folga de transporte. Polos que os pais/nais deberán traer e recoller aos nenos e nenas.

"O GROVE NO TEMPO" A TRAVÉS DE UTENSILIOS ANTIGOS

Estes son os obxectos que nos achegaron as familias este ano para poder levar a cabo o proxecto. Moitas gracias a todos!

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Este ano, dende o EDLG, continuamos co proxecto que comezamos o ano pasado, O Grove no tempo. No curso anterior, recordamos a nosa vila dende fotografías antigas e aprendemos como vivían os nosos pais e avós e a que se adicaban. Este curso, as familias achegáronnos utensilios antigos e os nenos que os trouxeron explicaron nas súas clases o uso ao que se destinaba. Ademais, as familias estaban convidadas a participar na aula, como fixo o bisavó de Xoel, quen nos explicou que era un xugo e unha lámpada de gas e para que se utilizaban. Moitas gracias pola súa participación!

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Aquí vos deixamos á ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170522/AnuncioG0164-120517-0005_gl.html

Nos archivos adxuntos vos deixamos toda a información ao respecto.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS.

Aquí vos deixamos a lista provisional dos alumnos e alumnas admitidos/as no noso colexio para o curso escolar 2017-2018.

As listas definitivas sairán antes do 15 de Maio e se deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de Xuño.

 

ENTROIDO

Recordade que mañá, venres 24 de Febreiro nos xuntaremos no patio do colexio ás 12:15 para facer o desfile de Entroido. A continuación degustaremos doces de Entroido que os pais e nais aportarán.

Despois tocan días de descanso, así que volveremos a vernos o día 2 de Marzo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer