slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

PUBLICACIÓN ADMITIDOS /EXCLUÍDOS CURSO 20-21

Estimadas familias:

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no CEIP Plurilingüe de Conmeniño no curso académico 2020/2021.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro educativo ou telemáticamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito).

Poderán formularse reclamacións no prazo de 3 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

Saúdos

 

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE O GROVE

Estimadas familias:

A partir de hoxe día 1 de xuño ata o 30 do mes en curso está aberto o prazo de solicitude para as axudas de libros de texto e material escolar dende o concello de O Grove.

Para as mesmas é preciso cubrir a solicitude e entregar coa mesma os papeis que se expoñen nos PDF a continuación:

 

Saúdos!

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

Hoxe 19 de maio, saíu publicada no DOG a ORDE do 12 de maio do 2020, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar2020-2021.

Adxúntanse a continuación a Orde e instruccións a seguir para a súa presentación.

 

Un saúdo!

LETRAS GALEGAS 2020

Boas a tod@s!!

Este 17 de maio, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fixo un conto interactivo do autor homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero "As Pitas baixo a choiva" coa recopilación dalgunhas das fotos que mandaron os alumnos/as do centro. Foi moi difícil escoller entre todas elas!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración e participación!!!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE :)

 

NOVA ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

ATENCIÓN!!!!

A partir do vindeiro luns 11 ata o luns 18 de maio, reábrese o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020-2021.

Poderán entregarse as solicitudes no centro educativo a partir das 9:00 ata as 13:30 horas, pero atenderase ás familias con CITA PREVIA tal e como se mostra debaixo.

PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DOS SEGUINTES MEDIOS:

 

  • Correo electrónico: ceip.conmeninho@edu.xunta.gal
  • Ao teléfono: 886.151.430  de luns  a venres ( 9:00-13:30h)

CONMENIÑO E HOSPITAIS, UNIDOS POLAS TICS

Dende o curso pasado, contamos no noso centro coa liña de traballo da ROBÓTICA EDUCATIVA, a través da cal traballamos con diversos robots educativos (MBot, Doc...), Makey Makey... e a IMPRESORA 3D. Grazas a este tipo de tecnoloxía, ensinámoslle aos nenos/as todas as posibilidades das mesmas para aprender contidos da vida cotiá.

Partindo da proposta de varios colexios públicos da contorna: (CEIP As Covas de Meaño, CEIP Portonovo, CEIP Plurilingüe A Florida Sanxenxo e o colexio Abrente de Portonovo), o noso centro, o CEIP Plurilingüe de Conmeniño, sumouse a dita iniciativa. Grazas a axuda da nosa compañeira e mestra Andrea dende a súa casa, e a dos técnicos de APP de Sanxenxo (Rober, Diego, Nacho e Manuel), puxéronse en marcha dende o xoves pasado, as impresoras 3D que hai nos nosos centros, para a elaboración de máscaras e filtros para os nosos sanitarios, empregando material de refugallo como: as follas de acetato de encadernación ou as follas de plastificar.

Agardamos que lle sexan de moita axuda para sobrelevar con saúde todo este momento polo que estamos e están pasando.

Ditas máscaras e filtros van destinadas a:

  • Hospital de Montecelo
  • UCE
  • UCI

Aquí vai unha mostra do seu traballo:

ÁNIMO PARA TODOS OS NOSOS SANITARIOS!!! TODO SAIRÁ BEN!!!

NOTAS - SEMANA SANTA - AVISO CONCELLO

AVISO AS FAMILIAS!!!

  • ENTREGA DE NOTAS.-

A entrega de notas desta segunda avaliación, será a través da Plataforma "Abalar Móbil" onde as poderedes consultar este venres 3 de abril ás 14:00 horas

 
Aqueles que non dispoñen da mesma, seralle enviada unha copia das notas polos titores/as a través do correo electrónico.

Todos os nenos/as que durante este trimestre recibiron apoio da AL ou da PT, terá o informe destas especialistas o cal, enviarán os titores/as tamén por correo electrónico aos pais.

  • VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.-

As vacacións de Semana Santa irán dende o 6 de abril ata o 13 de abril (incluido).

Aínda non temos novas nin instruccións por parte da Consellería, de como vai ser esta 3ª avaliación, polo que, polo de agora non vos podemos informar. Si está claro, que comezaremos o 3º Trimestre nas nosas casas ata novo aviso.
En canto saibamos algo, facémovolo chegar.

  • AVISO DO CONCELLO DE O GROVE.-


Dende o Concello de O Grove, remítennos esta información para facérvola chegar ás familias que tendes nenos/as que non dispoñen de ordenador nin tablet para facer as actividades ON-LINE durante este período de ALARMA  e CONFINAMENTO nas casas:

"Co fin de facilitar na medida do posible o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno/a non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet...), póñase en contacto co Concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento".

Pili Galiñanes: 607.540. 271

MOITO ÁNIMO PARA TODOS!!

A dirección

AXUDAS ECONÓMICAS COMEDOR ESCOLAR - COVID-19

Estimadas familias:

Acaban de saír as axudas económicas de COMEDORES para aquelas familias que no COMEDOR ESCOLAR son:

  • GRATUÍTAS
  • OU PAGAN 1€

PRAZO: do 31 DE MARZO ao 6 DE ABRIL

LER MOI BEN O RESUMO DE INSTRUCCIÓNS QUE TENDES EN ARQUIVO ADXUNTO,  QUE SE REALIZOU PARA FACILITAR ÁS FAMILIAS ESTE TRÁMITE DA MANEIRA MÁIS SINXELA POSIBLE.

 

Atentamente,

A Dirección

AVALIACIÓN ALUMNADO 2º TRIMESTRE

AVISO!!!!!

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos que:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

Polo que, avaliaremos neste trimestre aos nenos/as cos contidos que cada titor/a tiñamos rexistrados ata o 13 de marzo (data anterior á declaración do estado de alarma).

As notas poderédelas ver a través da plataforma Abalar Móbil, o venres 3 de abril as 14:00 horas.

Para todos aqueles que non tendes descargada a Plataforma, enviarásevos unha copia a través do correo electrónico que temos rexistrado na nosa plataforma de Xestión.

Un saúdo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer