LETRAS GALEGAS 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Xosé Mª Díaz Castro
BIOGRAFÍA(1914-1989)
- En 1931 como era un neno de saúde moi delicada, os seus pais metérono no seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
- Díaz Castro escribe Follas verdes e Follas ao aire, dous cadernos nos que se comeza a intuir o seu particular universo literario.
- Durante a guerra civil fixo de enfermeiro na retaguarda na fronte de Asturias
- En 1936 exerce de profesor no Colexio León XIII en Vilagarcia de Arousa.
- En 1948 tras licenciarse en Filosofía e Letras foise a Madrid onde foi profesor e traductor (chegou a dominar catorce linguas) no Ministerio da Gobernación, instituto de cultura Hispánica e no Consello Superior de Investigacións Científicas.
- No 1954 casa con Teresa Zubizarreta Bengoechea, o 10 de agosto, e teñen tres fillos: José Mari, Maite e Iñigo.
- Na década dos oitenta, xa xubilado, Díaz Castro volveu a Guitiriz. Alí asumiu con naturalidade o feito de que case ninguén valorara a súa obra. Só nos últimos anos da súa vida comezaron os recoñecementos e as homenaxes.
- Morreu en Lugo en 1989
BIBLIOGRAFÍA
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move.A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!