Skip to Content

4 anos

CADERNO DE FICHAS E OUTROS

Ola familias! Como imos??

 

Xa superamos a volta ao cole!! O grupo está contento, ainda que a algunhas nenas e nenos, costoulles un pouquiño, xa estamos dentro da normalidade de novo!

 

De cara ao martes 26, precisamos: (É importante que se entregue o martes 26, non luns)

 

- Láminas de "ambientación, fiestas y arte", do segundo trimestre. Veñen en unha bolsiña de plástico zip. Deixovos a fotografía abaixo.

 

Por outro lado, estamos sin repostos de máscaras, polo que acompañando as láminas podedes enviar os repostos para quedar na aula. 

 

Prégovos por favor, que veña todo con nome. En ocasións hay algún caderno perdido sin nome uns días e eles non saben si o puxeron. (Deixádelle a elas/eles que o escriban!! Sería estupendo)

 

Apertas. Sara.

 

VARIOS NADAL e COMEZO DE TRIMESTRE

Boa tarde familia!

 

Primeiro: Pregúntamne as nenas e nenos se poden vir mañá con atuendo navideño... Pois claro que sí!! E si queredes sin madilón tamén. Faremos un día especial de despedida.

 

Segundo:  O día 8 de Xaneiro do 2021, xa traemos os seguintes cadernos do segundo trimestre:

 

- Caderno de fichas 1: Pensar con Popeta.

- Caderno de fichas 3: Inundación en el restaurante.

 

Mañá levarán para casa os traballiños e o caderno último do trimestre que vai sen rematar de todo. Podedes facer en casa si queredes, e si non, non pasa nada que non perden aprendizaxes! Están vistos na aula doutro xeito.

 

Tamén levaran un obsequio "made in feito na casa" que fixemos con moito cariño e esperamos que vos guste! ë parte de tantos segredos que temos estes días.

 

Aproveito para desexarvos boas festas, dentro do que se poida e boa entrada de ano.

 

Apertas!!!

 

Sara

 

BOTELLA DE AUGA e VARIOS

Boa tarde familias!

 

Como veríades na mochila, hoxe levaron unha botella de auga de agasallo por parte do Concello. Rogamos que as botellas que se traian a aula sigan sendo as mesmas de sempre debido a dificultade que pode ter abrila e pechala e xa que ao ser iguais poderíanse confundir.

 

Por outro lado, xa fai unha semana quedou unha chaqueta de punto gris na aula, que non ten nome. Se algunha familia a bota en falta que me escriba por mail e a envío pola mochila.

 

Xa por último, a semana pasada observamos froitas e froitos de outono tales coma chirimollas, kiwis, caquis, granadas, aguacates, cabazas,  castanas, noces, avelás, améndoas, pistachos e algún outro. Tamén obxectos como ourizos, follas de diferentes cores, bellotas, etc...En algún caso quedaron con gana de probar os alimentos que trouxemos, déixovolo coma información por si queredes aproveitala na casa ou incluso traer dacordo ao calendario de merendas.

 

Todo sigue ben, o tempo acompaña, o grupo contento e eu tamén.

 

Apertas! Estamos en contacto.

 

Sara.

CARDERNO 2: UN OSO EN CASA

Ola familias!

 

Imos avanzando e xa rematado o caderno 1 "El doctor sanasana", precisamos que traiades para luns 16 o seguinte caderno. Caderno 2: "Un oso en casa". 

 

Levarán para casa durante a seguinte semana os traballiños feitos ata agora referidos a o método. Veredes que algunha ficha non está feita. O motivo é que o traballamos na aula de outras formas motivadoras, coma por exemplo, algunha ficha de picar, que xa traballamos picando siluetas en Samaín para facer un teatriño de sombras.

 

Apertas e grazas novamente pola vosa colaboración.

Deixovos foto do caderno

ACTIVIDADE VOLUNTARIA DE CARA A FIN DE SEMANA

Ola familias!!

 

Aproveitando que a fin de semana pasada foi Samaín, e algúns rapaces e rapazas viñeron coas unllas pintadas, floreceu un debate fermoso na aula sobre pintar as unllas, pintalas con rotulador ou non, e temas varios. 

 

Traballamos hoxe por tanto, un conto que se chama "Vivan as uñas de cores". Trata de Xan, un rapaz que quere pintar as uñas polo simple feito de querer xogar e se encontra con algúnha traba no seu camiño. 

 

Anímovos a afondar un pouco máis neste conto baseado en feitos reais, os valores que se traballan con él, e a pasar unha fin de semana chuviosa en familia, pintando as uñas dos rapaces e rapazas e incluso dos adultos.  Poderédelo buscar en videos online ou páxinas web.

 

Apertas! Boa finde.

 

Sara.

ROUPA DE ABRIGO

 

 

Ola familias!

Aínda que dentro da aula non fai o frío do exterior, é preciso que comecemos a traer a roupa de abrigo, xa que as ventás témolas permanentemente abertas. Camiseta, xersei ou sudadeira e mandilón. Con tres capas, suficiente! Si temos calor xa quitamos mandilón, e si saimos ao patio e fai frío, xa temos o abrigo.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Apertas. Sara.

ACERCA DE SAMAÍN

Ola familias!! 

 

Este ano celebraremos Samaín dentro da aula, polo que ainda que NON nos imos disfrazar, SÍ poderemos traer algún atuendo acorde con Samaín para o venres 30 de Outubro.

 

É decir, NON TRAEREMOS: caretas, maquillaxes, traxes completos que non saiban quitar e poñer, gorros de bruxa ou accesorios aparatosos. 

 

SÍ TRAEREMOS: Roupa que permita a súa autonomía no baño e non lles moleste e sobre todo os que van a comedor. Poderemos polo tanto traer roupa acorde (pantis, saias, camisetas ou pantalóns diferentes (exemplo: rachadas tipo zombie) e algún complemento non aparatoso (diademas, algún peinado diferente, etc). 

 

Faremos na aula un día diferente dentro desta normallidade que nos toca vivir. Por suposto, é voluntario.

 

Dúbidas ao mail.

 

Saúdos terroríficos!

 

Sara.

Recordatorio: ABCole primeiro caderno.

Boa tarde, recordatorio para as familias que teñen pendente de traer o primeiro caderno de ABCole. Xa empezamos con el! 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Sara.

ABCole para martes 13 de outubro.

Ola familias!

 

Para o martes 13 de Outubro 2020, precisamos o primeiro caderno de ABCole de lectoescritura.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Apertas! Sara.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Ola familias!

Cómo estades? Primeiro de todo dicirvos que todo vai ben, que xa case temos interiorizadas as rutinas do día, que comezamos a traballar, a reflexionar e a compartir historias moi interesantes entre nós. Estamos felices de vir ao cole!

Por outro lado, déixovos recomendacións e dúbidas que foron xurdindo ao longo destes días.

- Mandilóns: Comezamos a traballar, polo que é o momento de comezar a traer posto o mandilón. Aínda non fai moito frío na aula, non fai falla que veñamos moi abrigados. 

- Roupa de abrigo: Precisamos que os abrigos e chaquetóns sexan na medida do posible o mais sinxelos, xa que deben ser autónomos en sacar e poñer o abrigo ( facémolo catro veces na xornada!) En ocasións é difícil axudalos a todas/os.

- Xoguetes: Recordar que non podemos traer xoguetes á aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut