Skip to Content

3º EP

AULA VIRTUAL

Estimadas familias de 3º de educación primaria, premendo na imaxe de máis abaixo accederedes ás instruccións para poder entrar na AULA VIRTUAL do centro.

 

Agardamos vos sexan de axuda.

 

MATERIAL 3º EP

Este é o material para o curso 2022-2023.

MATERIAL 3º EP

 

PERCORRIDO CIDADE VELLA 3º EP JOHN MOORE 26-06-2022

Dentro do proxecto do centro "A Cidade vella" o alumnado de 3º de eduacción primaria realizou un percorrido polos lugares máis emblemáticos do noso barrio, coa especial compaña de Sir John Moore, que lles narrou a historia e as anecdotas máis singulares das nosas, rúas, prazas, parques...

 

 

Máis fotos na galería.

ENCONTRO CON AUTORES ÉRICA ESMORÍS 3º EP 15-03-2022

 

O martes 15 de marzo tivemos a sorte de recibir no centro a autora érica Esmorís, dentro do ciclo encontro con autores organizado polo equipo de bilbioteca do centro. 

A autora falounos da súa obra Patio de Luces e o alumnado de 3º de educación Primaria realizou diferentes traballos sobre a mesma, que xa podedes desfrutar na galería de fotos.

BIBLIOTECA MONTE ALTO 3ºEP 03-03-2022

 

Dentro das moitas actividades ofertadas polo concello, están ás visita as biblioteca municipais, polo que o alumnado de 3º de Educación Primaria non desaproveitou a oportunidade de poder visitar a biblioteca de Monte Alto; alí ensináronlles as instalacións e desfrutaron da lectura de varios contos por parte das bibliotecarias.

Para ver máis fotos pincha na galería.

VISITA 3º EP FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

 

O pasado 24 de febreiro o alumnado de 3º de Educación Primaria realizou unha visita á Fundación Luís Seoane; a experiencia foi moi boa por partida dobre, xa que ademais da vivencia tan enriquecedora que nos ofreceron nun lugar tan emblemático contou con que nos desprazamos andando ata a fundación, debido á proximidade co noso centro.

Agardamos repetir moi pronto.

Podedes desfrutar de máis imaxes na galería de fotos.

 

INSTRUCCIÓNS DISFRACES 3º DE EDUACCIÓN PRIMARIA

 

Prezadas familias.

A continuación explicamos como levar a cabo o disfraz de FERREIROS/AS que levarán os nenos/as no desfile de entroido o vindeiro VENRES 25 DE FEBREIRO.

 

REUNIÓN DE AULA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 3º de Ed. Primaria á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 20 de setembro ás 16:15 horas.

Prégase:

- Puntualidade porque de seguido haberá outra titoría grupal.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Ana Mª Gómez Seijas. 

INFORMACIÓN VIDEOCONFERENCIAS

 

O vindeiro xoves día 4 ás 17:00 teremos unha videoconferencia de proba. Como sabedes temos que facer algunha proba ante o suposto de docencia virtual. Do mesmo modo, debemos ir utilizando a aula virtual. Os vosos fillos xa levaron o usuario e o contrasinal, pero foron poucos os que entraron. É convinte facelo. Debedes saber que, no caso de ter docencia online, é obrigatoria a asistencia e a conexión. Por iso e convinte ter un pouco de práctica.

Estaría ben ter un correo de contacto para usar nas videoconferencias. Deste modo e máis fácil entrar. Podedes mandar o que preferides que usemos ao meu correo de aula.

Xa tedes postos algúns recursos  dentro da aula virtual en CCSS e nos próximos días irei subindo a CCNN.

Calquera dúbida consultádeme.

Olga

 

DATOS DA REUNIÓN

 

O nadal de terceiro

PREME NO NADAL 

Distribuir contido


by Dr. Radut