Benqueridas familias,
Informámosvos de que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores estará aberto do día 10 ao 30 de agosto.Como xa se fixo nos últimos anos, realizarase a través da web de Jardanay (https://jardanaycomedores.es/) cos seguintes identificadores:
Usuario: cidadevella
Contrasinal: comedores2022
Lembramos que para poder utilizar estes servizos é IMPRESCINDIBLE:
- Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende a páxina web da propia Asociación (https://anpaherrerias.blogspot.com/p/inscripcion.html).
- Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
- Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).