![](/centros/ceipchansbembrive/?q=system/files/u2/Magosto.jpg)
O magosto é unha festa de orixe pagá, que logo foi cristianizada e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social.
É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ao sol, deus fecundador da terra. Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.
Con posterioridade foi asociada aos santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis tarde, nas terras de Ourense pasou a celebrarse o 11 de novembro, festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas.
Na nosa escola celebramos esta festa con castañas e chourizos asados para todos e todas
Para acceder as actividades e recursos sobre as festas do Outono preme na imaxe:
![http://tictachans.blogspot.com.es/2010/10/magosto.html](/centros/ceipchansbembrive/?q=system/files/u2/outono.jpg)