Contamos con tres aulas de infantil onde os rapaces e rapazas máis cativos descobren o mundo da escola e viven as súas primeiras experiencias.
Cada aula conta con distintos recunchos: a cociña, os disfraces, as construccións, informática, puzzles... Nelas comparten xogos, risas e algunha que outra rabieta aínda que tamén teñen tempo para o traballo individual. Ademáis disfrutan da bibliochans, da aula de informática, da aula de psicomotricidade e da aula de música. Contan cun patio único para eles con gran variedade de xogos.
Neste camiño formativo os máis pequenos comenzan a compartir, a respectarse e a sentir o gusto por aprender.
Temos un blogue no que compartimos experiencias e actividades coas
familias :Os Chanciñas