Este curso vai dirixido ao profesorado das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria e ten como obxectivo proporcionar coñecementos e ferramentas TIC que contribúan á atención á diversidade, co fin de poder adaptarnos ás necesidades individuais do alumnado e facilitar a súa aprendizaxe dentro dun contexto virtual.