Este material foi aportado durante o curso-encontros para Coodinadores  Edixgal, para que se fixese chegar ós centros.

David Paz Novoa (CEIP de Sestelo Baión) traballa con Agueiro dende hai varios cursos, e nesta crise arrastrou a todo o centro a implantalo. O resultado é un éxito.

David comparte connosco unha sesión de dúas horas de duración (que está dividida en pequenas pílulas) na que explica todos os aspectos históricos, prácticos e didácticos de Aguiero. E sobre todo mostra exemplos do uso que fan no seu centro.