(2024-2025) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
Cando rematou o mes de outubro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumpriran anos JESÚS e MIGUEL ÁNGEL, eles foron os encargados de escoller unha tarta do noso libro de receitas.
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.
Xunto aos compañeiros e compañeiras de cadansúa aula, prepararon as camisetas de agasalo. Quedaron fantásticas!. Tamén decoraron as súas coroas de aniversario.
Desde este curso, ademais da tarta que farían os homenaxeados un equipo encargarase, en cada celebración de crear un batido de froitas.
Mentras tanto, outro equipo, cos ingredientes que trouxeraon, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos a canción dos aniversarios, aos homenaxeados.
Probamos os batidos que fixeramos o día anterior.
E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.
Rematamos esta primeira festa de anivesrarios con algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
Rematada a festa, chegou o momento de deixalo todo recollido, xusto a tempo para sair ao patio.
No vindeiro mes de novembro teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.