(2019/2020) Celebramos o Día do Libro!
Este fermoso díptico da Consellería editado para conmemorar o Dia Mundial do Libro, ten a sorte de contar este ano coas fermosas palabras de Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura galega.
Nesta ocasión a celebracion deste día vai a ser un pouco especial porque a situación tamén o é, non podemos celebralo todos xunt@s na biblioteca do cole. Así que preparamos para vos dúas cousiñas: unha proposta e unha sorpresa!
A proposta é que vos convirtades en escritores e escritoras e inventedes un conto! Pero ides ter unha pequena axuda: un dado! Este dado conta en cada cara cun elemento. Podes descargalo (tes o enlace ao final) e imprimir o dado ou facelo nunha folla, que é moi sinxelo. Recortádeo, pegádeo e listo para lanzar.
Lanzádeo tres veces e así teredes en total 3 elementos para incluir no voso conto. Se non podes facelo, escolle 3 elementos do dado, os que ti queiras!
Con eses 3 elementos do dado debes inventar unha historia.
O alumnado de infantil en lugar de escribir o conto, fará un debuxo da historia e contarao nunha gravación de audio.
Estades preparad@s? Adiante!!
Enviade os vosos contos ao mail da biblioteca: serafinbiblioteca@gmail.com
E a sorpresa como é sorpresa tendes que estar moi atentos e atentas ao blog da biblioteca!! Xa veredes o que preparamos!
OS VOSOS CONTOS...
Autor: Diego, 6º de Primaria
Autor: Xián, 5º de Primaria
Autor: Óliver, 1º de Primaria
Autor: Iván, 5º de Primaria
Autora: Sara, 6º de Primaria
Autor: Iker, 5º de Primaria
Autor: Joaquín, 5º de Primaria
Autora: Yaiza, 6º de Primaria
Autor: Hugo, 5º de Primaria
Autora: Úrsula, 2º de Primaria
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CONTODADO.jpg | 46.28 KB |