Zona de información centralizada sobre a COVID-19 e o seu impacto no centro.
Neste apartado da web centralizaremos toda a información da que dispoñamos sobre as implicación da COVID-19 no funcionamento do centro, durante o curso 2020-2021.
Apartado en constante actualización
- Criterios e instrucións para a distribución de mascararillas entre o alumnado (curso 2021-2022)
- Plan de Adaptación á situación COVID (actualizado en setembro de 2021)
- Plan de continxencia COVID (actualizado en setembro de 2021)
- Enquisa de auto-avaliación de síntomas COVID: Deberán revisarse tódolos días antes de vir ó centro. No caso de presentar un síntoma non deberá asistir ó centro e terá que comunicalo ó equipo COVID do colexio.
- Declaración responsable para as familias para o protocolo COVID-19: Deberá ser descargada, impresa e cuberta polos titores legais do alumnado e ser entregada no centro, para o seu arquivo no expediente do alumno/a.
Documentos explicativos da planificación do ensino non presencial:
Horarios para as clases online por vídeo-conferencia.
Documentos para o profesorado:
- Declaración responsable para as ausencias por mor da COVID-19 do profesorado. (actulizada 11/1/2022)
Asegurádevos de ter instalada e funcionando a aplicación "Abalar Móbil", posto que recibiredes a través dela toda a información do centro e poderedes mantervos en contacto cos mestres/as dos vosos fillos/as. Podes descargala na "AppStore" ou en "Google play" buscándoa como "Abalar móbil".
Para comunicarse por vídeoconferencia empregamos a ferramenta "CISCO WEBEX", designada pola Consellería de Educación, para ser usada nos centros escolares. Descubre como descargala e como "participar" nas reunións que propoña o mestre/a do teu fillo, no seguinte manual.
Accede desde AQUÍ ó sistema de video conferencias Webex e coñece os horarios de clases online
Descargar a guía rápida de instalación e uso de "cisco webex" para videoconferencias.
No seguinte vídeo podes ver como acceder nunha sala concreta (a sala será comunicada polo mestre/a)
Lembra que no caso de ser decretado un "ensino mixto" online na casa, poderás acceder ás propostas de traballo desde aula virtual do centro ou no EVA Edixgal (no caso do alumnado de 5º e 6º). No seguinte vídeo podes ver como acceder á mesma desde esta web.
Contacta co centro vía telefónica (só horario escolar):
886 151 205 (dirección) - 886 151 206 (secretaría) - 886 151 207 (fax)
Contacta co centro por correo electrónico: ceip.cervinho@edu.xunta.es.
Para cuestións técnicas da web/aula virtual podes contactar co coordinador TIC-Edixgal: oscar_abilleira@edu.xunta.es
Acceso á xestión do equipamento cedido ás familias (Kits): www.edu.xunta.gal/protocoloseducativos
Adxunto | Tamaño |
---|---|
enquisa_autoavaliacion.pdf | 375.54 KB |
rexistro_ventilación.pdf | 44.41 KB |
declaracion_responsable_familias.pdf | 460.87 KB |
GUÍA FAMILIAS PROTOCOLO COVID.pdf | 54.64 KB |
PLAN DE ACOLLIDA 2020-2021.pdf | 63.52 KB |
webex_alumnado.pdf | 282.34 KB |
REXISTRO DA ACTIVIDADE TELEMÁTICA.ods | 240.13 KB |
plan_adaptacion_covid_2021-2022.pdf | 730.4 KB |
plan_continxencia_2021-2022.pdf | 81.36 KB |