RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021
RESERVA DE PRAZA. DO 11 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO DE 2021
O prazo para a reserva de praza durante o curso 2020-2021, vai dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ámbolos dous inclusive. Este prazo é para o alumnado de 6º que vaia ao centro adscrito (IES A Xunqueira I), aqueles que se trasladen de domicilio (localidade) ou por acollemento familiar.
Podedes cubrir as solicitudes mediante un formulario que podedes atopar na secretaría do centro, descargalo da web do centro no taboeiro de anuncios (marxe dereita) ou na web da consellería de educación (Anexo I).
Recordarvos que tamén podedes cubrir o formulario na aplicación "admisión alumnado", para o cal precisades o certificado dixital ou a Chave 365. Tendes toda a información na web.
www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I Reserva de praza.pdf | 1.04 MB |