(2013-2014) Desfrutando dos xogos cooperativos co paracaídas.
Benvidos e benvidas dende o pavillón
ao novo curso escolar 2013-2014!
Durante estes primeiros días de colexio, dende a nosa área de Educación Física, andivemos a traballar cos nenos e nenas do centro o xogo cooperativo.
Para que aínda fose máis atractivo do que xa o é un xogo de por sí, empregamos un atractivo material: o PARACAÍDAS.
Con el, e acompañados de música, quecemos...
, xogamos...
, traballamos ben xuntos con todo o equipo clase para ter unha boa entrada e disposición hacia a actividade física.
Así fixemos xogos como: a carpa, a lavadora, o cangrexo, os socorristas, o gato e o rato,...
Aquí vos deixo unha serie de fotos máis sacadas nalgúns momentos destas sesións:
Algúns quedamos con ganas de máis!