AULA PT E AULA DE SEXTO: Compartindo experiencias
Durante este curso, na aula de PT estivemos a traballar contidos a través
das curtas, de contos feitos películas, de algúns anuncios etc....xa que en
youtube podemos atopar de case todo.
Neste caso, compartimos unha experiencia de traballo dobremente gratificante entre a aula de PT e a aula de sexto curso.
Pois ben, a proposta de traballo en esta ocasión foi,
traballar a composición escrita, a partir da curta " LA LUNA" de
Píxar (podedes vela na seguinte ligazón http://www.youtube.com/watch?v=OtnN95vff3s).
Na aula de PT, traballamos primeiro, vendo a curta, e
despois reconvertiuse o film a libro.
Isto supuxo traballar intensamente durante unha semana, no deseño,
estructuración, textos....pero, é, finalmente o último dos pasos de todo
este proceso, o que aquí achegamos.
Finalmente, presentouse ó grupo-aula, a curta, visionárona, todos
xuntos, e despois disto, mostróuselles a súa reconversión de peli a texto....aquí
quedan as imaxes....e sobre todo, o máis importante...o traballo en competencias
que isto supuxo:
- Competencia linguística, cultural e artística, social e cidadá, de autonomía e iniciativa persoal....e sobre todo moito cariño e ilusión....por suposto, e o libroooo....¡ quédase DORA con él, claro ,na BIBLIO do cole...!!!