Eventos
Como xa vén sendo habitual no de maio de cada curso, o luns día 20, a partir das 12:00h , celebraremos unha nova edición de "LECTURAS NA CARBALLEIRA".
Ademais de homenaxear a Luisa Villalta, autora elexida este ano para commemorar o Día da Letras Galegas, contamos tamén cunha sesión de contacontos para alumnado e familias, con varias representacións do alumnado do centro, coa doazón de libros para toda a xente que se achegue ese día e, cunha SORPRESA MUSICAL que, seguro vos vai a encantar a todos/as.
"Despois de moitas preguntas por RRSS, WhatsApps, pararnos pola rúa... decidimos desvelar a sorpresa que este ano depara o noso tradicional día de Lecturas na Carballeira. Este ano temos a inmensa honra de que nos acompañe un dos máis grandes cantautores e músicos que a nosa terra deu. Luis Emilio Batallán, veciño e tan querido no noso centro, estará acompañado dos nenos e nenas do cole, cantando esta fermosa poesía de Curros Enriquez, O maio.
Dende o centro é toda unha honra contar con Luis Emilio e vos animamos a todos e todas a acompañarnos a cantar cos seus compases e a súa marabillosa voz."
ANIMÁMOSVOS a que vos acheguedes o día 20 e compartades con nós un ratiño de lecturas e música