Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2020-2021) Ruta de sendeirismo polo Día Mundial do Medio Ambiente

O pasado venres 4 de xuño, conmemoramos o Día Mundial do Medio ambiente ca realización dunha ruta de sendeirismo pola contorna do centro. Ao longo da mañá, as diferentes clases foron saíndo e seguinto os itinerarios establecidos previamente, ao tempo que realizaban actividades durante a ruta, como sacar fotografías de elementos do entorno, seguir un mapa ou localizar árbores e elementos patrimoniais durante ruta.

As rutas que realizaron por curso foron as seguintes:

  • Infantil e 1º/2º: ruta circular pola contorna do campo de fútbol municipal. 2 kms aproximandamente.
  • 3º e 4º: ruta circular e lineal pola contorna do campo e parte do río Meneses. 4-5 kms aproximadamente
  • 5º e 6º: ruta circular polo río Maneses. 9 kms aproximandamente.

Ruta de infantil + 1º e 2º

Ruta de 3º e 4º 

Ruta de 5º e 6º

Bonita xornada na que fixemos exercicio, desfrutamos de boa compañía e da natureza que nos rodea.

(2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Día Mundial da Saúde 2021. Recomendación sobre hábitos saudables

Aínda que tódolos días son importantes para poñer en práctica hábitos saudables, os días 6 e 7 de abril teñen unha consideración especial dentro da vida do centro. Estamos a falar do Día Mundial da Actividade Física e do Día Mundial da Saúde, respectivamente; días nos que debemos poñer en valor e recordar a importancia de adoptar hábitos como a alimentación, o exercicio, a hixiene, o descanso e o benestar.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, así como os mestres/as, van a darnos unha serie de consellos para mellorar a nosa calidade de vida. Tomade nota e comezade a aplicalos!

  

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS

MES DE MARZO:

  • COOKIES DE AVENA
  • BISCOITO DE IOGUR
  • MADALENAS DE LIMÓN E AMÉNDOAS

MES DE ABRIL:

  • NOCILLA-NUTELLA SAUDABLE
  • BISCOITO DE PLÁTANO
  • BROWNIE SAUDABLE

MES DE MAIO:

  • KIT KAT CASEIRO (1ª semana)
  • PANINI CASEIRO (2ª semana)
  • PATÉ DE MEXILLÓN E ATÚN (3ª semana)
  • TORTIÑAS (3º semana)

MES DE XUÑO:

  • Repetir as receitas anteriores que queiramos (todo o mes)

(2020-2021) Funcionamento das clases de E.F na nova normalidade

Podes consultar tódalas medidas no documento adxunto.

(2019-2020) Habilidades ximnásticas (Acrosport)

A principios do segundo trimestre iniciámonos na práctica de habilidade ximnásticas sinxelas, tales como: a voltereta cara adiante, o pino de cabeza invertido (ACI), o pino de brazos invertido (ABI) e o pino voltereta, entre outras habilidades. A correcta adquisición de ditas habilidades ía a axudarnos a afrontar o que se nos presentaría posteriormente: a realización de figuras co propio corpo en distintas posicións no espazo, é dicir, o Acrosport.

Tras coñecer as normas de seguridade, os agarres e os apoios, puxémonos mans a obra. Comezamos analizando as nosas posibilidades, estudando as figuras, posibles colocacións e as dificultades encontradas. Sen máis, comezamos a explorar!

O primeiro dos retos que se nos plantexou foi a figura sinxela por parellas...

Logo a cousa comezou a complicarse un pouco. A dificultade era maior, requería máis forza, equilibrio, coordinación, etc.

Nas seguintes sesións dedicámonos a explorar as figuras de tres compoñentes; máis difícil pero máis cabezas a pensar...

Como xa dominabamos bastante ben iso das figuras 3, pasamos ao seguinte nivel: as figuras de catro compoñentes. Aquí a comunicación e o traballo en equipo foi a clave do éxito!

Xa para rematar cas sesións prácticas, os distintos equipos crearon as súas propias figuras, facendo unha "pequena competición" cos seus compañeiros/as. O obxectivo era facer unha figura o máis orixinal e complexa (tamén segura) dentro das súas posibilidades. Algúns dos resultados foron os seguintes:

Como o alumnado quería saber como quedaran as fotos das figuras, plantexamos unha sesión na pizarra dixital na que o alumnado podía comentar os puntos débiles e fortes das súas creacións.

A modo de valoración final da unidade didáctica, podemos dicir que o acrosport resulta un contido moi motivante e innovador para o alumnado, ademais de ser un recurso no que se traballan multitude de habilidades, capacidades e valores.

(2019-2020) Deportes adaptados no "Día da Paz"

O pasado venres 31 de xaneiro, cerramos a "Semana da Paz" coa práctica de deportes adaptados no pavillón. O obxectivo era que o alumnado vivenciara e coñecera algúns dos deportes que practican persoas con diversidade funcional. En concreto, plantexáronse deportes adaptados dirixidos a persoas con discapacidades motoras e sensoriais. Así, os alumnos de infantil, 1º e 2º, coñeceron as regras e o xogo do "Air-hockey" para discapacitados motores (tren inferior).

Nun segundo grupo, os compañeiros/as de 3º e 4º vivenciaron o "voleibol sentado", tamén adaptado a persoas con discapacidade motora. Nesta ocasión tiveron uns espectadores de luxo!

Finalmente, os nenos/as de 5º e 6º enfrontáronse nun partido de "Goal-ball", unha especie de fútbol adaptado a persoas invidentes. 

Interesante xornada de deportes adaptados, na que o alumnado puido tomar conciencia de que as persoas con diferentes discapacidades tamén poden disfrutar da práctica deportiva.

(2019-2020) Cross Provincial de Castrelos

Tras disputarse o Cross escolar celebrado na carballeira de Caritel, en Ponte Caldelas, algúns nenos/as do noso colexio clasificáronse para o Cross Provincial que tivo lugar o pasado sábado 1 de febreiro no Parque de Castrelos, en Vigo. A pesar de que a xornada estivo pasada por auga e algún contratempo cos dorsais, os nenos das categorías bexamín, alevín e infantil, disfrutaron dunha bonita experiencia en compañía dos seus familiares, que non deixaron de apoiar en ningún momento.

Aínda que tiveron algúns nervios iniciais, propios da competición, viviron en primeira persoa o que é competir con nenos/as de distintos niveis de toda a provincia de Pontevedra. 

Preparación para a saída...

...e a correr!

Últimos metros antes de chegar a meta!

Pais, nais, mestres e compañeiros están moi orgullosos de vós. Parabéns pola vosa capacidade de esforzo e superación. Unha experiencia inesquecible!

(2019-2020) Campo a Través

O pasado martes 21 de xaneiro, asistimos ao Cross escolar organizado pola Asociación Deportiva Terra de Montes. Nela participaron centos de nenos/as de diferentes centros da contorna (Campo Lameiro, Cerdedo, Soutelo, Tenorio, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, etc.); e como non, os alumnos/as do CEIP Pedro Antonio Cerviño non podías faltar a esta cita tan esperada. Correron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º nas categorías mixtas de benxamín, alevín e infantil respectivamente. Despois de moito pospoñelo por mor da climatoloxía, quedounos unha bonita xornada na que disfrutamos da práctica deportiva e tamén da competión.

Antes de comezar tivemos que recoñecer o noso percorrido.

Tras un breve quencemento, o primeiro turno foi para os máis pequenos: os benxamíns.

 

 

Agora é o turno dos alevíns de 4º e 5º

 

Finalmente, os nenos/as da categoría infantil cerraron a xornada

 

E para rematar...tomamos unha taza de chocolate ben quentiño para repoñer forzas!

Para o ano repetimos seguro!

 

(2019-2020) FinDeportivos novembro

FinDeportivos en familia!

Como xa sabedes, dende a área de Educación Física creamos unha iniciativa que consiste en realizar actividade física en familia no tempo libre, especialmente durante as fins de semana. O obxectivo non é outro que incrementar o tempo de práctica física entre o alumnado, ca intención de mellorar a súa calidade de vida, as súas relacións socio-afectivas e lograr que prime o movemento sobre o sedentarismo.

Aínda que acollida foi bastante boa no mes de novembro, esperamos que máis alumnos/as e familias se sumen a esta iniciativa, para que a práctica deportiva en familia se convirta finalmente nun hábito.

Recordarvos que aqueles alumnos/as máis participativos terán un pequeno agasallo ao finalizar cada trimestre.

Podedes ver as fotos deportivas do mes de novembro no noso "recanto findeportivo"

Fermosas fotografías e gran variedade de actividades deportivas. Se é en contacto ca natureza mellor!

(2019-2020) Magosto 2019

Como tódolo anos por estas datas, xuntámonos todo o centro para conmemorar unha das celebracións máis fermosas da cultura e da tradición galega: O magosto. 

Despois de pospoñer a celebración do Magosto varias semanas por culpa do mal tempo, decidimos celebralo o pasado mércores 27 de novembro. A pesar de que non é o mesmo ca celebralo nun entorno excepcional como pode ser a área recreativa de San Antonio de Penalba, a xornada levada a cabo no centro resultou igual de divertida.

Ao longo da semana, o alumnado foi traendo candanseu puñado de castañas picadas e unha pouca leña para o asado e posterior degustación deste manxar tan esperado. Para gañarse un rico cono de castañas, os nenos e nenas do centro participaron nunha xornada de xogos populares e tradicionais coordinados polos alumnos/as de 6º. Mentres algúns compañeiros/as se encargaban de asar as castañas, os demais dedicámonos a xogar. Os xogos nos que participamos foron: a carreira de sacos, o pano, o aro-guía, lanzamento de aros, o xogo da culler, a soga-tira...,e como non, o divertido "come-castañas".

Velaí unhas cantas fotos da xornada de xogos populares.

Carreira de sacos/canguros para os de infantil. Aroa foi a encargada de dirixir e animar aos pequenos saltamontes!

 

Logo intentamos meter o aro no cono. Máis preto para os de infantil e máis lonxe para os nenos/as de primaria. Neste caso, Sara foi a coordinadora do equipo de infantil 2. 

 

 

 

 

No xogo da soga-tira había que deixar tódalas forzas!. Aitana encargouse de repartir aos forzudos e forzudas para que fose equilibrado.

Yaiza encargouse de cantar os números para que os nenos/as correran a polo pano!

 

Eva e Carla explicáronlles aos nenos e nenas de infantil como guiar o aro. Menuda habilidade teñen!

 

 

 

 

 

 

 

O xogo da culler e a castaña nunca defrauda!

 

 

 

 

 

Todos estaban esperando chegar ao "come-castañas". Diego encargouse de que as castañas foran por dentro!

 

Tras esta intensa xornada de xogos, tocaba degustar unhas ricas castañas para repoñer forzas.

Para o ano repetimos!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.