Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Outros traballos, celebracións e saídas

(2020-2021) Xa podes ver o Festival de Nadal 2020 - ONLINE.

Xa podes ver o "Festival de Nadal 2020".

Nesta ocasión, como consecuencia da COVID-19, presentamos unha versión "online".


    

  

(2019-2020) Visita á Lonxa e Praza de Abastos de Portonovo

A semana pasada tivemos unha excursión para visitar a Lonxa e a Praza de Abastos de Portonovo. Esta saída estivo encadrada dentro do proxecto de centro "Eco-Bio-San", que pretende afondar nos hábitos de vida saudables, e en especial, nos hábitos alimenticios relacionados cos produtos que nos ofrece o mar. Con esta actividade buscamos que o alumnado coñeza de primeira man cales son os procesos polos que pasan os produtos que comen ata chegar á súa mesa, ademais de poder degustar pratos elaborados con produtos do mar.

Despois da presentación inicial, as guías da actividade fixéronnos unhas cantas preguntas para ver canto sabíamos sobre o mar...

A continuación pasamos á zona de subastas para coñecer en primeira persoa como funciona unha subasta real.

Xa no exterior da Lonxa, acercámonos aos diferentes utensilios de pesca para coñecer os seus nomes, as súas funcións e tamén para facer unhas cantas preguntas.

Cando chegamos á Praza de Abastos puidemos analizar as diferentes especies, os seus prezos e comprobar as etiquetas da zona de captura, tal e como nos dixeran na Lonxa.

Despois dunha mañá tan movida tocaba repoñer forzas con receitas elaboradas con produtos do mar. Que ricas estaban!

E para rematar...a foto de grupo cos nosos agasallos

(2019-2020) [VÍDEO] Festival de Nadal 2019 e Entroido 2029

Podes ver de seguido o vídeo completo do Festival de Nadal 2019, celebrado no centro o 20 de decembro.

 

Celebramos o Entroido:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso

O día 19 de xuño tivo lugar no centro a primeiro Competición de robótica, na cal participou todo o alumnado do centro. Podes ver como prepararon a súa participación nesta actividade nas entradas que atoparás ó final desta publicación, sí como nas diferentes entradas dispoñibles nos blogues dos recantos.

 

Os de Infantil, 1º e 2º tentaron pecorrer o labirinto co Beebot. Cada un dos equipos foi programando o robot para que, de forma autónoma, puidese facer o percorrido completo.

 

 

Algúns equipos lograron que o Beebot chegase ó seu destino. Algúns dos compañeiros maiores quixo tentalo, pero non era tan doado como parecía.

 

 

 

Os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º terían que presentar os robots que construiran, e programaran, co Lego Wedo nas últimas semanas. Tan só faltaban por facer as últimas probas e axustes antes do gran momento.

 

Cada un dos equipos foi presentando e explicando a súa creación e executando o programa que facía que se movera. 

 

 

Por último os de 5º e 6º participaron unha gran competición na que tiñan que superar tres retos:

Os seus M-bot, que diseñaran, crearan e programaran nas últimas semanas, tiñan que deterse ó atopar un obstáculo e cando atravesaran unha liña de cor negro.

 

 

Por último tivo lugar o momento que todos e todas estaban a agardar, "a pelexa de robots". Por parellas, cada equipo tiña que conseguir expulsar do círculo ó contrario, para o cal tivo que deseñalo e programalo de xeito que fose posible facelo. 

 

 

Entre os equipos participantes tamén había dous equipos formados polos mentres e mestra dos colexio, que tamén competiron na "loita no círculo". 

 

 

Como remate da competición unha "loita" de todos contra toos, só un deles podía quedar dentro do círculo.

 

Rematada a competición os compañeiros e compañerias de 5º e 6º recibiron un pequeno agasallo, e tódolos demais participantes, doutros cursos, un diploma agradecéndolle a súa participación nesta primeira "competición robótica".

Podes ver como foron os preparativos de cada un dos equipos participantes nas seguintes entradas:

(2018-2019) Planificamos, deseñamos, construímos e programamos os nosos m-bot para a competición robótica

(2018-2019) Así preparamos a nosa participación no reto de robótica

(2018-2019) O profesado descubre o funcionamento de diferentes robots educativos na aula de robótica

 

 

 

(2018-2019) Visita á exposición de Paneis sobre a Igualdade de xénero no Concello

 

O pasado 1 de abril asistimos no Concello a unha exposición de Paneis sobre a Igualdade de xénero...

A exposición "Rompe, xoga en igualdade " chega a Campo Lameiro para concienciar sobre a necesidade de romper coa violencia machista.Trátase dunha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva, con fotografías de Noemí Chantada, nesta ocasión estiveron acompañadas polo alcalde, Julio Sayáns.

A boneca elexida foi a Barbie, por ser a máis famosa e coa que xogan moitas nenas/os.Nestes paneis amósannos distintas situacións de desilgualdade, violencia e discriminación que están a sufrir moitas mulleres...

 

 

 

 

 

(2018-2019) Teatro "De los cuentos a las cuentas" e visita a Lourizán

O pasado martes 30 de outubro, acercámonos ata A Fundación en Pontevedra para asistir a unha interesante obra de teatro que trataba sobre a fantasía, as viaxes e a importancia de alcanzar os nosos soños.

Posteriormente, e como este curso imos realizar un proxecto de centro relacionado ca flora, e en especial ca prantación e cultivo de sementes, aproveitamos para facer unha visita guiada aos xardíns botánicos de Lourizán. A pesar do mal tempo, os nenos/as pasaron un rato moi agradable aprendendo a diferenciar especies e as súas peculariedades. 

 

 

(2018-2019) Celebramos o Magosto!!!

Ao igual que o ano anterior, o pasado 22 de outubro, celebramos o Magosto na área recreativa de San Antonio. Debido ao éxito do ano anterior, decidimos repetir a xornada neste entorno excepcional, xa que reúne as características perfectas para pasar un día moi divertido. 

Comezamos a xornada cunha fermosa ruta de sendeirismo polo monte. A pesar que de que había algunha que outra pendente, os nenos/as camiñaron enérxicamente ata o alto de San Antonio.

Unha vez chegamos a área recreativa, deixamos un ratiño ao alumnado para que xogasen pola súa conta mentres preparabamos o circuito de xogos populares e asabamos as castañas.

Posteriormente realizamos un circuito de xogos populares dirixido polos alumnos/as de 6º curso, o cal foi todo un éxito debido a súa boa labor.

Despois de xogar tamén tivemos tempo para repoñer forzas e degustar as soborosas castañas!

Para rematar a xornada, volvemos camiñando todo o centro pola mesma ruta, pero neste caso "costa abaixo". 

Para o ano repetimos!

(2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE

O equipo de Biblio en colaboración co equipo de Dinamización, organizou" Un entroido de cine", baseado no proxecto que estamos a levar a cabo dende o Centro.

Para visualizar a reportaxe completo de fotos pincha Aquí

De seguido podes ver un pequeno vídeo do noso desfile polas rúas do concello:

(2017-2018) Creamos un lazo dourado xigante para a asociación "Bicos de papel"

Todo o centro participamos na elaboración dun lazo dourado xigante, dentro dunha actividade organizada pola asociación "Bicos de papel", na que participaron centros de toda Galicia.

 

Pintamos un lazo enorme estampando as nosas mans con témpera dourada.

 

Así de fantástico nos quedou o lazo que usará a asociación para crear unha presentación con tódolos centros participantes.

 

Máis información en:

https://bicosdepapel.org

 

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.