infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos
(2019-2020) Celebramos o Entroido: Obradoiro de disfraces coas familias, desfilamos como tractores e seguimos as instrucións do Meco
Co comezo da semana do Entroido e durante toda ela o Meco foi dándonos instrucións do que había qu traer posto ó día seguinte.
Cada día visitabámolo para ler o cartel que tiña posto, e anotar nunha nota o que había que traer ó día seguinte.
O luns unha palabra no peito, o martes un utensilio de cociña colgado, o mércore botas e o xoves unha hortaliza na cabeza
Ó final da semana tiñamos que traer todo xunto.
Fomos completando, cada día, a folla das instrucións pegando unha fotografía cos disfraces e escribindo debaixo dela unha palabra representativa do mesmo.
Como este ano iríamos difrazados de tractores, posto que o tema do colexio era "ECO-BIO-SAN" e a alimentación, tivemos que deseñar o noso disfraz para facer no obradoiro coas familias.
O primeiro foi preparar cadansúa caixa e pintalas de amarelo.
Coas caixas xa rematadas tivemos que ir elaborando as instrucións, paso a paso para crear o disfraz de tractor, fotografiando cada paso.
Entre todos e todas acodamos que escribir en cada un dos pasos, de xeito que fose claro e concreto, polo que tivemos facer varios borradores ata que tivemos unhas instrucións que nos convencían.
Pegamos as fotografías ordenadas segundo os pasos das instrucións, e logo escribimos ó lado de cada unha o que había que facer en cada caso.
O día obradoiro, antes de que chegasen as familias organizamos as mesas e todo o material, para comprobar que estivese no lugar que lle corresondía e que non faltase nada.
Xa tiñamos todo listo para que viñeran as familias a traballar connosco no obradoiro de disraces, tan só había que agardar a que viñesen.
Na hora acorda, en cada unha das dúas quendas organizadas as nosas familias (pais, nais e irmáns), viñeron a axudarnos a facer o disfraz. Fomos explicándolle cada un dos pasos que había que seguir, coa axuda das instrucións que elaboraramos.
Xa estaban os difraces listos para o día do desfile...
Cando chegou o gran día do desfile, miramos no noso mapa interactivo ó recorrido que teríamos que facer polas rúas do concello, idenficiando o lugares coñecidos e orientándonos no espazo. Podes atopalo no recanto de infantil no apartado "mapas".
Durante o recreo, antes do desfile, recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da "Galiña azul", que tamén viñan disfrazados.
Antes de marchar tamén organizamos os postres que trouxeran as nosas familias, que degustaríamos cando rematase o desfile. Evidentemente tamén os probamos antes, para "comprobar a calidade" ;)
Xa estaba todo listo para comezar o desfile, como sempre unah foto de grupo antes de comezar. Os tractores xa tiñan os motores preparados para arrancar.
Fomos percorrendo as rúas do concello xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio.
De camiño, visitamos ós compañeiros e compañeriras da "Galiña Azul".
E continuamos o percorrido do desfile saudando a todo o mundo que estaba polas rúas.
Rematado o percorrido voltamos ó colexio...
... onde nos estaban a agardar os postres que compartimos coas nosas familias.
Se queres ver o desfile completo polas rúas do concello, podes facelo de seguido neste vídeo:
(2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela?
Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.
Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:
09/11/19: (2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon.
Unha vez remata a investigación comezamos a completar o noso dossier individual.
Comezamos tamén a planificar a película que queríamos facer sobre os Pokemos, tal como nos plantexamos ó comezo da investigación. Acordamos as persoaxes, escribimos o guión (despois de sucesivos borradores), debuxamos un story-board coas diferentes escenas...
Tivemos tamén que mercar os disfraces dos Pokemons que saían na película, despois de varias semanas por fin chegaron.
Xa con todo listo, preparamos o noso "set de rodaxe" e comezamos a gravar as escenas da nosa película.
Fixémolo diante dunha tea verde para colocar logo no seu lugar os diferentes fondos que fomos escollendo.
Unha vez rematada a rodaxe gravamos as nosas voces para contar as diferentes escenas e escribirmos os nosos nomes ó final da película nos títulos de crédito.
Unha vez rematada puidemos presentarlla ós nosos compañeiros e compañeiras de infantil 1.
Así de fantástica quedou a nosa película unha vez rematada.
Tamén levamos para as nosas casas os dosieres individuais, unha vez rematados. Podes ver un de exemplo de seguido.
(2019-2020) Descubrimos a diversidade funcional na semana da Paz
Durante a última semana do mes de xaneiro, para afondar na celebración do día da Paz, estivemos descubrindo como é a vida das persoas con "diversidade funcional".
Cada un dos días fomos coñecendo como fan deporte este tipo de persoas, descubrindo todo o mundo pode conseguir o que se propoña. Podes ver estes vídeos no recanto de infantil desde aquí.
A profe Marta ensinounos como poden comunicarse as persoas xordas ou con dificultades de audición, posto que ela coñece a lingua de signos.
Os compañeiras e compañeiros de Rodando Pontevedra, viñeron a contarnos como poden "empregar bicicletas" as persoas con problemas de mobilidade.
Déronnos a cada un un agasallo feito por eles.
Noutra ocasión, dúas profesionais da ONCE, viñeron a contarnos como vive a xente cega.
Aprendimos a empregar a bastón e a poñernos na pel destas persoas.
Outra das compañeiras da ONCE ensinounos como escribir en Braille, e ata puidemos escribir cunhas máquinas especiais.
Para celebrar o Día da Paz, participamos nunha actividade organizada no centro, consistente en debuxar os nosos pes e poñer en cada un deles unha mensaxe de paz.
Con eles fixemos un camiño que percorre as escaleiras e chegue ata a porta.
Durante o acto de celebración, cada un dos cursos recitou unha poesía sobre a Paz, os de infanti recitamos cadansúa.
E todos e todas xuntos interpretamos esta fantástica canción que podes ver de seguido.
E como remate desta semana xogamos, xunto cos compañeiros e compañeiras de primaria, a diferentes xogos adaptados, como os que puidemos ver nos vídeos.
(2019-2020) E ademais... no mes de xaneiro en Infantil 2 sucedeu todo isto.
Como xa vos fomos contando, no mes de xaneiro sucederon unha chea de cousas na nosa aula: celebramos o día da paz, experimentamos co bicarbonato, continuamos a traballar cos robots, celebramos os aniversarios do mes, cociñamos pratos de todo o mundo; e tamén continuamos a completar o dossier da investigación e preparar a nosa película sobre os Pokemon unha vez rematada a investigación (moi pronto teredes unha entrada explicando como vai este proceso)
Pero de forma paralela a todo isto, a vida na aula continuou coas nosas rutinas e traballos.
Coa chegada do novo ano tivemos que actualizar os nosos calendarios (en papel e online que podes ver no recanto de infantil) para que o encargado de cada día puidese facer un control de asistencia, do tempo que fai cada día, etc... Continuamos tamén coas asambleas diarias nas que compartimos experiencias.
A profe Yolanda continuou a vir á nosa aua unha vez á semana para presentarnos "xogos matemáticos".
Pasámolo xenial destruindo a árbore feita con tapóns polo Nadal. O profe levounos todos a unha ONG que os usarán para axudar a outra xente, tal como falaramos no seu momento.
Entre todos e todas, demos feito o traballo.
Gracias ós nosos carnet QR, continuamos a facer o encargado e a levar libros para casa cada venres.
Anotándoo no noso rexistro individual de préstamos, onde tamén pegamos a portada escribindo o número do libro na aplicación biblioteca online (que podes atopar no recanto de infntil). Cada vez nos resulta máis doado localizar e recoñecer os números de cada libro.
Tamén escribimos, segundo a etapa de desenvolemento lecto-escritor na que nos atopemos, o títuo do libro no rexistro, asi como o noso nome, no caso dos de menor idade.
Fixemos novas bandexas para a merenda, nesta ocasión con letras recortadas das revistas de difrentes tamaños.
Continaumos tamén a encher o noso dicionario xigante con novas palabras e imaxes (que sacamos da aplicación calendario que podes atopar no recanto de infantil). Cada semana imos escollendo as nosas palabras favoritas que comezan por esa letra, para logo engadilas ó calendario xigante e finalmente no noso calendario individual.
Non te esquezas de visitar as outras entradas publicadas no blogue do recando de todo o que sucedeu este mes.
(2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
Neste mes de xaneiro cumprían anos as nosas compañeiras ELSA e YAIZA, polo que elas serían as encargadas, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula (EI") preparáronlle unhas camisetas de agasalo fantásticas.
As homenaxeadas escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración prepararon a súa a tarta seguindo os pasos da receita elexida.
Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración. Non sen antes soprar as candeas correspondentes.
Cantámoslle "cumpleaños feliz", "parabéns para ti" e tamén en lingua de xordos (que xa descubriredes porque nunha entrada a vindeira semana)
As homenaxeadas foron repartindo a tarta entre os seus convidados.
Como fin de festa, gusanitos, patacas fritidas e zume de piña.
Xa queda menos para a seguinte celebración, a finais do mes de febreiro.
(2019-2020) Continuamos aprendendo cos robots superando retos: Beebot, Probot e M-bot
Durante estas últimas semanas continuamos a traballar cos robots nas nosas aulas, levando a cabo diferentes retos que nos plantexan os profes.
Co Beebot percorrimos un número debuxado con baldosas no chan, que previamente construimos, e fomos inventando un "código de programación" que logo introducíamos no beebot...
Despois dalgúns axustes de código... demos conseguido o reto de que o percorrera "el so"
Noutra ocasión xogamos a "tirar o dado" e que o Beebot buscase o número que saía... segundo estivera colocado non era tan doado programalo para que chegase ata o número correspondente.
Despois de varios intentos, e aprendendo dos "erros de programación" que cometíamos fomos superando o reto plantexado.
Buscamos a solución un gran reto: Poderían o beebot e o probot recorrer parte do corredor?
Para o beebot fomos contando e colocando tódalas baldosas que facían falta para percrorrer a enorme alfombra.
E programamos sen problema o beebot para que chegase o seu destino. Era moi doado, tan so había que pedirlle que andivese para diante a cantdidade de baldosas que contaramos.
Para que o Probot, que camiña por centímetros, e non por baldosas, fixese o mesmo percorrido tivemos que plantexar diferentes hipóteses. Como os maiores xa sabían como funcionaba plantexaron que o mellor sería usar o metro para medir a distancia que había.
E programamos o probot indicando o número de centímetros que marcaba no metro.
Chegou á meta sen problemas:). Reto superado.
Descubrimos o M-bot, un robot que usan moito os maiores de primaria, e co que conseguimos que "marcase un gol"
O primeiro foi observalo, tocalo e descubrir todo o que tiña dentro e facía funcionase.
Este robot prográmase no ordenador, así que tivemos que ir descubrindo as instrucións que facían falta, pedíndolles os profes que puxeran as indicadas cando as ían lendo.
Continuaremos a traballar con diferentes robots nas vindeiras semanas. Como sempre poderedes estar a tando do que fagamos neste blogue.
(2019-2020) Sabes como inflar un globo con vinagre e bicarbonato? Descobre o experimento e o vídeo que fixemos.
Este mes levamos a cabo na aula un novo experimento. Como éramos tan poucos (porque algúns estaban enfermos) decidimos facelo as dúas aulas xuntas.
Como sempre o primeiro foi plantexar hipóteses do que pensabamos se podía facer co material que nos presentaron os profes. Que sucedería? Estouparía? Saería voando? Que pasos habería que seguir?
Para facer o experimento o primeiro era botar un pouco bicarbonato dentro do globo, usando un embudo.
E tamén un pouco de vinagre dentro da botella valeira.
Se pos o globo sobre a botella e lle das a volta... énchese el só de aire.
Cada quen plantexou a súa teoría de porque sucedía isto, chegamos á conclusión de que o bicarbonato fai que "apareza aire" cando se mestura co vinagre, porqeu tamén facía escuma.
Cada un dos tres equipos foi reproducindo o experimento seguindo os pasos, poñendose dacordo nas funcións de cada quen dentro do equipo.
Tódolos equipos deron conseguido o resultado previsto.
Nesta ocasión tocoulles ós compañeiros de EI2 crear o vídeo deste experimento:
Podes ver os vídeos que imos facendo dos diferentes experimentos que levamos a cabo na aula no recanto de infantil, no apartado de vídeos > experimentos.
Ou directamente nesta ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2388
(2019-2020) Sabores do mundo. En xaneiro cociñamos “fajitas", doce de leite e galletas da sorte
Como xa vos comentamos en entradas anteriores, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:
11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias
30/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza
29/11/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro
Nas últimas semanas deste mes "descubrimos novos sabores", cociñando os diferentes platos que che contamos de seguido.
Con cada unha das letras do noso "dicionario xigante" imos buscando un plato para cociñar de todo o mundo.
DOCE DE LEITE: Arxentina
Despois de ver un vídeo coa receita anotamos os ingredientes que iamos precisar, así como as cantidades dos mesmos.
Localizamos no mapa do mundo onde esta o país do que é tradicional.
Seguimos os pasos da receita para cociñar o prato.
Unha vez feito estaba listo para probalo.
FAJITAS: México
Para facer as faxitas de México tivemos que "investigar" no paquete para saber canto tempo había que quentalas no forno, e os pasos para "doblalas"
Fomos seguindos os pasos da receita que xa miraramos nun vídeo, para traballar cos ingredientes que anotaramos no seu momento.
Por parellas fomos montando a nosa fajita cos ingredientes que máis nos gustaban, eso si probándoos todos antes.
Foi moi divertido comelas tamén por parellas :)
GALLETAS DA SORTE: China
Despois ver un vídeo coa receita, de anotar os ingredientes e cantidades e de localizar nun mapa o país de orixe, puxémonos mans á obra.
Traballamos en dous equipos para facer a masa das galletas seguindo os pasos que tiñamos anotados.
Mentras agradabamos o tempo que indicaba a receita, que había que esperar fomos dictándolle ós profes o "desexo de sorte" que queríamos meter na nosa gallega. Controlamos o tempo que faltaba cun temporizador na pantalla.
Xa coa masa lista, preparamos as nosas gallegas en papel de forno.
Quedáronnos deliciosas.
Fixemos tantas que ata puidemos convidar ós profes.
Despois de cada receita, e de probar o prato cociñado, anotamos no noso recetario do mundo o país, nome do prato e localizamos nun mapa o lugar onde se fai. Tamén pegamos unha fotografía do prato cociñado.
(2019-2020) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro.
No mes de decembro só estaba de aniversario o noso compañeiro ENZO. Como sempre engaríase de "organizar unha festa de celebración" na data que sinalamos no noso calendario online.
Escolleu a súa tarta preferida do libro de receitas para pedir na casa os ingredientes que farían falta.
Creamos unha camiseta de recordo asinada por tódolos compañeiros e compañeiras.
Como cando chegou a data de celebrar o aniversario, o homenaxeado estaba enfermo, e logo xa foron as vacacións, non puidemos facer a tarta e celebrar o aniversario ata este mes de xaneiro, cando voltamos ó colexio.
Seguindo os pasos da receita formos elaborando a fantástica tarta que escollera.
Tamén decorou a súa coroa de aniversario, indicando nela os anos que cumpría.
Ó día seguinte, despois de ter a tarta toda a noite no frigorífico, chegou o momento da celebración. Onde lle cantamos a canción de "cumpreanos feliz" e puido sobrar as candeas.
O homenaxeado foi repartindo tarta entre tódolos compañeiros e compañeiras...
Rematamos a celebración con patacas fritidas, gusanitos e zume.
A finais deste mes de xaneiro voltaremos a ter novos aniversarios. Se queres saber quenes serán os afortunados, non te perdas a entrada que publicaremos neste mesmo blogue chegado o momento.
(2019-2020) Antes de rematar o ano, no mes de decembro, tamén sucedeu todo isto en infantil 2
Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, estivemos moi ocupados durante o mes de decembro coa chegada do Nadal:
Pero ademais de todo isto, na nosa aula, sucedeu o seguinte antes de rematar o ano.
Completamos o noso calendario online e os rexistros do encargado cada día, pero ademais fomos "comendo os chocolates" dos calendarios de Nadal que nos regalou a nosa compañeira YAIZA. Cada día tiñamos que buscar o número do día e ir descubrindo que chocolate tocaba.
Asistimos á unha representación teatral en Pontevedra:
A "Lúa e o grilo" encantounos e era moi divertida.
Rematada a obra de teatro, e tras unha merenda rápida, continuamos a visita cunhas actividades nun museo, sobre cadros de liñas, puntos e cores.
Completamos o noso boletín de autoavaliación "as novas a escola", onde contamos ás familias varias cousas das que sucederon na aula ó longo deste primeiro trimestre.
Continuamos a anotar os libros que levábamos para cada os venres na aplicación online da biblioteca, para poder conseguir a portada que usar no noso libro de rexistro xunto ó número, título e data.
Asistimos a un contacontos ideado e levado a cabo polas compañeiras e os compañeiros de sexto de primaria, na biblioteca do centro. Foi moi divertido.
Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, despois de todo o que fixemos coa chegada do Nadal, e coa nosa participación no Festival de Nadal remata este primeiro trimestre.
Vémonos o ano que ven, non sen antes desexarvos a todos e a todas un BO NADAL e FELIZ ANO 202O.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »