Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2020-2021) Experimentamos coa capilaridade. Queres facer unha ponte de cores? Contámoscho en vídeo

No que sería o último experimento científico deste curso, usamos témpera, 3 vasos transparentes, auga e "papel das mans". Que poderíamos facer con todo iso?

Fomos plantexando diferentes hipóteses de como empregar o material, e do que podería suceder finalmente.

    

Todos xuntos creamos unhas pontes co papel, que comunicaban os vasos nos que había témpera de difentes cores con auga. Que sucedería? Novamente plantexamos as nosas hipóteses.

     

Observamos como ía cambiando ó longo do tempo.  Pasados varios minutos as cores chegaron atoparse no cumio das pontes.... e ata chegaron a mesturarse!!

   

Por que sucedera iso? Dialogamos para plantexar as nosas teorías do sucedido e contrastalas uns cos outros.

    

Feito o experimento en gran grupo, chegou o turno de que cada equipo tentase reproducir os resultados de forma autónoma: poñéndose dacordo, dialogando, traballando todos e todas dentro do equipo e asumindo os roles acordados entre eles.

    

Tódolos equipos acadaron os mesmos resultados no experimento, pero observamos que cantan máis auga tivese máis rápido subían as cores.

      

Observamos a evolución do noso experimento ó longo tempo, para o cal o identificamos co nome do noso equipo, que escribimos nunha tarxeta.

        

Cada equipo levoua a cabo unha auto-avaliación figuro-analóxica, do seu traballo en grupo.

   

Nesta ocasión sería o equipo GATO, o encargado de crear o vídeo explicativo do experimento. Prepraron o panel dos materiais que ían precisar e puxéronse máns a obra.

     

Así de ben quedou o seu vídeo explicativo unha vez rematado.  Podes velo de seguido:

    

Lembra que tamén podes acceder ós vídeos dos experimentos anteriores, creados polos demais equipos, desde aquí ou no recanto de INFANTIL > vídeos > experimentos.

     

Tan só quedaba anotar as nosas observacións, no caderno de campo dos experimentos.   

    

   

(2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza

Para celebrar o Día da Natureza, todo o centro participou en diferentes roteiros pola contorna.

Anotamos a data no calendario online para non esquecernos, e poder así contar candos días faltaba para o día sinalado.

   

No caso de Infantil, 1º e 2º participaríamos percorrendo unha ruta que descubrimos antes, para coñecer por onde pasaríamos, nun mapa online interactivo.

              

Completamos o noso mapa, indicando os lugares por onde pasaríamos, tal como descubríramos anteriormente. 

   

Pegamos imaxes dos lugares relevantes polos que pasaríamos, poñéndoas na orde correcta (sinalados por números). Tamén escribimos o nome dos lugares que percorría o roteiro.

    

Cando chegou o gran día preparámonos para facer o percorrido. Por suposto levamos o mapa para saber por onde íamos pasar.

    

Pouco a pouco fomos identificando os diferentes lugares que xa tiñamos sinalados.

    

Ata que nos metimos dentro do monte, para comezar un fantástico percorrido pola natureza.

    

Cando chegamos ó lugar sinalado, fixemos un descanso para tomar as nosas merendas "saudables".

   

Retomamos a ruta, de volta para o colexio. 

      

Como durante todo o percorrido, por por das restricións pola COVID-19, tivemos que ir separados dos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.

     

Antes de chegar ó colexio atopámonos, tal como tiñamos sinalado no mapa, cos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estaban alí agardando para saudarnos. 

    

Foi un percorrido fantástico, que agardamos repetir noutro momento.

(2020-2021) E ademais... no mes de maio sucedeu todo isto en EI2

Ó longo do mes de maio, sucedeu todo isto que xa vos contamos en entradas anteriores:

28/05/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro 

28/05/21: (2020-2021) Rematamos o dosier da investigación sobre os ponis. Queres velo e lembrar todo o que investigamos? 

28/05/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio 

14/05/21: (2020-2021) Conseguimos crear unha “explosión con Mentos e Coca-cola” no noso último experimento

   

Pero tamén sucedeu todo o que vos contaremos de seguido:

Fixemos as primeiras probas coa Radio escolar.

    

Continuamos coas rutinas do encargado, o calendario online. Tamén continuamos a completar o noso dicionario xigante, xa nos queda menos para rematalo.

    

Creamos unhas novas bandexas para a merenda, usando revistas vellas.

   

Participamos no obradoiro "Ponlle as pilas ó teu bocata". 

    

Os venres anotamos de forma autónoma o libro para levamos para casa, empregando a aplicación online dispoñible no recanto de infantil.

     

Celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando a Xela Arias. Podes ver como o celebramos no centro desde aquí.

    

Tamén asistimos ós actos organizados polo Concello para lembrar á escritora homenaxeada.

   

Desenvolvimos a nosa creatividade reinterpretando creacións de pintores famosos. 

   

Xa nos quedan poucas semanas para que remate este curso tan especial, pero aínda vos temos que contar varias cousas antes de que iso suceda.

Como sempre poderedes velo nas entradas publicadas neste blog.

      

   

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro

Nas últimas semanas continuamos a coidar a nosa plantación de berenxenas no invernadoiro.

    

Pouco a pouco van facéndose cada vez máis grandes.

    

Decidimos que información, de toda a que atopamos en diferentes fontes, era a que queríamos plasmar no libro das berenxenas, que faríamos ó igual que xa fixéramos coas leitugas.

      

Fomos plasmando os nosos descubrimentos nese libro das berenxenas.

  

     

Así quedou o noso libro. Queres velo?. Fai click sobre a seguinte imaxe.

          

E así vai o noso "caderno de campo", coas anotacións que imos engadindo as diferentes observación que facemos.

      

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

29/04/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

      

   

(2020-2021) Rematamos o dosier da investigación sobre os ponis. Queres velo e lembrar todo o que investigamos?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blogue:

14/11/20: (2020-2021) Decidimos investigar sobre os PONIS para crear un documental. Tes algunha información?

27/11/20: (2020-2021) Seguimos coa nosa investigación sobre os “ponis”. Xa temos as primeiras respostas. 

18/01/21: (2020-2021) Continuamos a nosa investigación sobre os ponis e atopamos dúas novas respostas.

26/02/21: (2020-2021) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os ponis

27/03/21: (2020-2021) Rematamos a investigación sobre os “ponis" e comezamos a preparar o noso documental

06/04/21: (2020-2021) INFANTIL 2 - Xa podes ver o documental que fixemos sobre os ponis

 

Como xa vos fomos contando ó longo dos pasados meses, este curso investigamos sobre os ponis (ver entradas anteriores para máis información sobre todo o proceso).

Finalmente logramos crear a nosa película-documental contando o que descubrimos, que podes ver nunha entrada anterior.

Tan só nos quedaba presentarlla ós nosos compañeiros e compañeiras de Infantil 1.

   

Respostar ás súas preguntas...

      

... e explicarlle todo o que descubrimos, e creamos, durante esta investigación.

  

Pero aínda nos restaba por crear o noso "dosier da investigación", onde contaríamos todo o que tiñamos plasmado no mural da investigación, pero que poderíamos levar para "contalo" nas nosas casas (non como o mural).

    

Ó longo das semanas voltamos a lembrar todo que xa descubríramos, para reflexalo nas diferentes páxinas do noso dosier (que se corresponden coas preguntas que nos plantexamos ó comezo) 

   

Aproveitamos para revisar os coñecementos previos que tíñamos ó principio (relendo o apartado "o que sabemos"). Correximos (melloramos) aquelo que agora sabíamos que non era de todo correcto e descubrimos todo a aquelo no que estabamos no certo, e que puidemos confirmar ó longo da investigación.

Pouco a pouco demos rematado o dosier, ata que puidemos levalo para as nosas casas.

     

Se queres ver como nos quedou, velaquí tes un exemplo completo do elaborado por unha das nosas compañeiras.

Que investigaremos o vindeiro curso? De seguro algo igual de interesante.

    

(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio

No mes de maio estaban de aniversario VALENTINA e ANTÍA, nas aulas de infantil. Como sempre, despois de ir "controlando" cando chegaban as datas (nos nosos calendarios online), preparamos a camiseta de agasallo e a coroa de homenaxeadas.

       

Cando finalmente chegou o último vernes do mes, celebramos unha pequena celebración para homenaxear a ambas. Non a festa coa tarta feita por nós, que facíamos antes da COVID-19, pero isto non impediu que soprásemos as nosas candeas nunha tarta de mentira.

 

 

        

Agardamos que o vindeiro curso poidamos celebrar os aniversarios como tanto nos gusta.

   

      

(2020-2021) Conseguimos crear unha “explosión con Mentos e Coca-cola” no noso último experimento

Para o experimento deste mes empregaríamos únicamente dous materiais:

  • Coca-cola
  • Mentos

Como sempre plantexamos as nosas hipóteses de que sucería e como deberíamos facer o experimento.  

Cal das hipóteses sería a máis próxima o resultado final que poderíamos observar? 

 

    

Despois de facer unha proba entre todos e todas, chegou o momento de que cada un dos equipos reproducise o experimento, para verificar que sempre sucedía o mesmo tal como dicta "o método científico".    

Contaron 3 mentos, un para un dos integrantes do equipo, e organizáronse para poder meter os caramelos á vez, e para poder escapar antes da "explosión" ;)

     

O resultado final foi tan sorprendente como divertido... conseguimos producir "unha explosión de coca-cola" despois duns segundos.

     

Mantivemos diálogos para plantexar as nosas teorías de "porque sucedía este fenómeno".   

        

Tan só nos quedaba plasmar as observacións, deste cuarto experimento do curso, no noso caderno de campo.

    

Nesta ocasión, serán os compañeiros e compañeiras de EI 1 os encargados de crear o vídeo explicativo deste experimento. Poderás velo nesta mesma web unha vez dispoñible, accedendo ó apartado de videos > experimento, no recanto de infantil. 

Lembra que, ata qeu estea dispoñible nuns días, podes acceder ós vídeos dos experimentos anteriores desde aquí.

     

(2020-2021) E ademais, no mes de abril, tamén sucedeu todo isto na nosa aula.

Durante as pasadas semanas na nosa aula, durante o mes de abril, sucedeu todo isto que xa vos contamos en entradas anteriores:

29/04/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro 
24/04/21: (2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de abril 
19/04/21: (2020-2021) Descubrimos o MBOT, e moito máis, nas experiencias de robótica na aula. 
12/04/21: (2020-2021) Experimentamos cun fluido non newtoniano... queres ver o como o explicamos en vídeo? 
06/04/21: (2020-2021) INFANTIL 2 - Xa podes ver o documental que fixemos sobre os ponis

   

Pero ademais tamén nos embarcamos no seguinte:

Comezamos a anotar tamén a temperatura no noso calendario online.

   

Continuamos a anotar os libros que levamos para casa os venres.

   

O noso dicionario xigante, continúa a medrar coas nosas palabras favoritas de cada letra. Tamén vai medrando o noso calendario individual.

       

Continuamos a anotar as merendas saudables no panel "do profe Paulo".

 

   

O encacargado, ademais de todo o que ten encomendado ese día, non pode esquecerse de darlle de comer a "Rayo" e Evan, as nosas tartarugas.

    

Creamos unhas bolas de lana e cola para pendurar no corredor, xunto ós compañeiros e compañeiras de Infantil 1. 

    

Pola semana do libro participamos na idea plantexada desde a Biblioteca do colexio: facer uns corazóns cos nosos libros favoritos.

    

Continuamos a desenvolver as nosas habilidade artísticas coñecendo, e reinterpretando con diferentes técnicas, cadros famosos.

       

Creamos estes fantásticos colares, como regalo para as nosas nais.

  

Que sucederá no mes de maio que agora comeza?... Poderédelo descubrir neste mesmo blog, nas sucesivas entradas que iremos publicando.

  

  

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

Unha vez recollidas as leitugas do noso invernadoiro, chegou o momento de sementar novas prantas. Neste ocasión encargaríamonos das berenxenas.

O primeiro foi coñecer que eran, como sementalas e coidalas.

   

Para plantalas precisaríamos abonar a terra, para o que recollimos algún compost do noso composteiro.

   

Entre todos e todas fomos prantando as prantas de berenxena no invernadoiro.

      

Escribimod o cartel identicativo para que todos soubesen o que tiñamos prantado. 

            

Regámolas por primeira vez, e teremos que ir coindándoas para que vaian medrando.

     

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

  

  

(2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de abril

Pese a tódalas restriccións como consecuencia da COVID-19, que nos impiden facelo como en cursos anteriores, así celebramos os aniversarios do mes de abril.

Este mes os homenaxeados eran NEREA e o profe ÓSCAR, tal como tiñamos anotado no noso calendario online e en papel.

Non podía faltar a coroa de homenaxeada e a camiseta de agasallo que lle fixemos entre todos e todas.

     

O día da celebración, despois de cantar as cancións "do anivesario", en varios idiomas, sorpou a candea co número de anos que cumpría, nunha tarta "de mentiras".

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.