Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2021-2022) Queres coñecer os nosos novos equipos cooperativos deste curso?

Ademais do que xa vos contamos na entrada anterior, na nosa aula, nestas primeiras semanas de clase, tamén creamos os novos equipos cooperativos deste curso.

Os primeiros acordos aos que tiveron que chegar, en cada equipo, foi decidir como ían chamarse. Non foi doado poñerse dacordo dentro de cada equipo, pero finalmente acordaron un nome co que todos e todas estaban dacordo.

           

Ademáis cada un dos equipos escolleu cal sería a súa cor "representativa", velaquí o que decidiron.

    

EQUIPO TORTUGA:

    

EQUIPO PATRULLA CANINA: 

     

EQUIPO CONEJITO: 

     

EQUIPO IRONMAN PRINCESA:

     

Cada un dos equipos tivo que preparar o seu panel, para poder facer a avaliación "figuroanalóxica"; polo que chegou o momento de acodar a forma de organizarse, para que todos e todas as integrantes do equipo participansen na elaboración.

      

Cada equipo tivo que pintar con témpera (coordinándose entre todos/as) da cor acordada, elexir unha imaxe para pegar no panel...

      

... recortar e pegar o nome do seu equipo e asinar cos seus nomes no panel.

      

Ata que finalmente deron rematado o panel do seu equipo.

         

Así de fantásticos quedaon os paneis dos diferentes equipos.

        

Xa están tódolos paneis listos, para comezar a traballar nos equipos e avaliar como o fixemos e en que podemos mellorar.

    

Ó longo das próximas entradas irémosvos contando todo o que faremos traballando en equipo.

   

(2021-2022) Comezamos! Resumo dos primeiros días de clase

Boas a todos e todas! Aínda que esta é a primeira publicación de Educación Infantil 1 dende que empezou o colexio, xa fixemos moitas cousas. De feito, fixemos tantas, tantas... que non houbo tempo nin para compartilas. Pero como sóese dicir, mellor tarde que nunca! Así que arrancamos facendo un repaso das actividades que levamos a cabo.

Búsqueda de globos

Para coñecer un pouco mellor o cole tan chulo no que estamos, ao longo da semana do 13 de setembro participamos nunha búsqueda de globos que nos levou por todo o colexio. Dende a clase de inglés da profe Bea, a sala de usos múltiples, recorrimos todo o colexio na busca deses globos personalizados que logo levamos a casa.

Decoramos a aula e coñecemos os compañeiros e compañeiras

 

Aínda que algúns xa se conocían, o colexio non é o único que tiñamos que descubrir. Este curso temos moitos compañeiros novos (igual que o profe), polo que tamén foi moi importante facer as presentacións para coñocernos mellor. Ademas de iso, tamén comezamos a redecorar a aula, e o mello exemplo está na nosa porta, onde xa temos a nosa foto de grupo pegada xunto os nosos nomes.

Recordamos (e aprendemos) as normas da clase

Outro dos murais que fixemos para a nosa clase, e un dos máis importantes con diferenza: as normas de aula. Tras un breve repaso todos os días, xa coñecemos algunhas, como por exemplo: que non se pode correr en clase, que hai que coidar os xoguetes e, por suposto, que temos que querernos moito e non pelexar. Todos e todas colaboramos tanto con fotos como escribindo en grupo algunhas destas normas.

Visitamos a biblioteca

Se hai un sitio con libros incluso máis chulos que os da nosa clase, ese lugar é a biblioteca. Por iso, o lunes (onte mesmo), decidimos facer unha visita a biblioteca durante a nosa hora de lectura para botar unha ollada aos libros que temos disponibles.

Merendamos fora

Pero non estivemos dentro do colexio todo o día, con tantos días de bo tempo, tamén aproveitamos para sair a disfrutar do sol... e da merenda. Acompañados dos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 2, ocupamos as mesas do patio para facer o noso propio picnic antes de ir xogar ao patio.

Coñecemos a Spiderman

Si. Estades lendo ben, esta semana tamén coñecemos a Spiderman... ¿Quen é? Moi fácil, o caracol que decidimos levar a clase. O nome foi elixido por consenso, entre outros nomes tan pintorescos como "Hulk". Pero iso non foi todo, para que Spiderman este contento na nosa clase, saímos buscar follas, herba e todo tipo de plantas que atopamos polo patio para cubrir a súa nova casa e para que non pase fame.

E isto e todo! Aínda quedan moitas semanas e moitas cousas que facer, e esperamos ir documentando todas esas actividades por aquí (iso si, intentando tardar menos en publicar que esta vez Risa)

(2021-2022) Así foron os primeiros días do curso na nosa aula e buscamos globos por todo o centro.

Durante estes primeiros días de curso, voltamos a adaptarnos ás rutinas da aula, adicamos o tempo a coñecernos uns ós outros, e a que os novos compañeiros e compañeiras foran descubrindo todo o que suecede e podemos facer en Infantil 2.

Comezamos a xogar todos xuntos e epxlicándolle ós novos compañeiros e compañeiras todo o que podemos usar na nosa aula.

          

Descubrimos as normas da merenda, desenvolvendo as nosas habilidades de autonomía, inciativa e toma de decisións. 

   

Creamos os nosos novos carnets QR, que empregaremos ó longo de todo curso en diferentes tarefas (calendario online, rexistro da biblioteca...) , e como vos iremos contando en diferentes entradas deste blog.

      

Retomamos as rutinas do encargado, usando o carnet QR para acceder ó calendario online... e tivemos as nosas primeiras asambleas.

    

Non nos esquencimos do lavado habitual das nosas mans, por mor da COVID-19.

         

Encantounos poder xogar todos xuntos no patio nos recreos. 

    

Descubrimos tódolos libros que temos na biblioteca de aula e que, moi pronto, comezaremos a levar para casa os venres.

 

        

Creamos as nosas novas bandexas para a merenda, buscando no ordenador, a fotografía que queríamos pegar.

 

    

Actualizamos a foto de grupo da nosa porta, para que puidésemos aparecer todos e todas nela.

    

Fixemos tamén unha foto individual, que levamos para as nosas casas. Agora xa poden coñecer as nosas familias, ós novos compañeiros e compañeiras.

      

Busca de globos escondidos polas dependencias do colexio:

Para que os novos compañeiros e compañeiras, que estaban nas dúa aulas, participamos nunha busca, ó longo da semana, de globos escondidos por diferentes dependencias do colexio.

 

     

Cada globo tiña o nome dun compañeiro ou compañeira, ademais de gomets para decoralo.

   

Ó longo dos días, todos e todas foron atopando os seus respectivos globos, por diferentes lugares do centro.

   

En próximas entradas continuaremos contando todo que nos que nos queda por facer (refacer as normas, organizar os equipos cooperativos...) para retomar as nosas aventuras na nosa aula.

  

  

     

(2020-2021) Xa estamos de volta con novos compañeiros e compañeiras. Queres coñecelos?

Xa estamos de volta. Este curso en Infantil 2 temos tros novos compañeiros e compañeiras.

Nas vindeiras semanas, irémosvos contando todo o que vaia sucendendo na nosa aula. Pero antes diso é importante que nos presentemos.

ELOY  - BREIXO  - GERMÁN  - CARLOTA  - MANUEL - VALENTINA - NEREA -  ENZO -  BRAIS - CLAUDIA - ELSA - VALERIA - ÓSCAR (PROFE)

(2020-2021) Bo verán a todos e a todas

Remata este curso que foi tan especial, no que os pequenos e as pequenas demostraron unha gran capacidade de adaptación. Agardamos que en setembro poidamos voltar con máis normalidade.

Queremos agradecer tamén a colaboación das familias durante todo este curso.

Pasade un moi bo verán... vémonos en setembro.

  

(2020-2021) Despedimos ós compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro

O último día do curso, despímonos dos novos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, entregándolles un pequeno agasallo.

    

Moita sorte na nova andadura que comezades a partir de agora.

  

(2020-2021) Tamén sucedeu todo isto na nosa aula no mes de xuño, antes de rematar o curso

Durante as últimas semanas do curso, ademais de todo o que xa vos contamos nestas entradas anteriores, tamén sucedeu todo isto na nosa:

28/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Atopamos os tesouros escondidos seguindo un mapa 
20/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Tamén celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en verán. 
12/06/21: (2020-20201) Traballamos con robots na aula, antes de rematar o curso. 
12/06/21: (2020-2021) Experimentamos coa capilaridade. Queres facer unha ponte de cores? Contámoscho en vídeo 
05/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza

         

Rematamos o noso dicionario xigante e nosos dicionarios individuais, que xa están nas nosas casas para que poidades velos. O vindeiro curso continuaremos completándoo, para observar a nosa evolución ó longo dos cursos.

 

     

O profe Paulo entregounos, xunto ós restantes compañeiros e compañeiras do colexio, os premios ás merendas saudables:

      

Despedímonos da biblioteca do centro ata o vindeiro curso.

     

Seguimos a coidar de Rayo e Evan, as nosas tartarugas. Durante os meses de vacacións o profe Óscar encargarase de coidalas, ata que voltemos ó colexio.

      

Tamén rematamos o noso rexistro de libros, que levamos para casa da biblioteca de aula. Tamén fixemos un reconto dos libros que levamos máis veces.

       

Aproveitamos para merendar nas novas mesas que temos no patio.

       

Creamos o noso libro de cadros, coas creacións que fixemos ó longo de todo o curso, reinterpretando obras pictóricas coñecidas.

     

Preparamos un agasallo de despedida para profe Cristina, que marcha para outro colexio o vindeiro curso.

    

       

(2020-2021) Atopamos os tesouros escondidos seguindo un mapa

Como tódolos anos, antes de rematar o curso, levamos a cabo a busca do tesouro que estaba escondido no colexio.

Seguindo as instrucións do mapa que tiña cada un dos dous equipos, e respectando as normas COVID-19 do centro puxémonos mans á obra.

   

Así foi a busca do equipo AZUL ata atopar o tesouro escondido:

               

Pola súa banda o equipo VERMELLO, tamén atopou o tesouro ogochado, despois de seguir os diferentes pasos que indicaba o seu mapa.

      

Dentro dos dous cofres do tesouro, había unha bolsa para cada un, que podemos decorar as veces que queiramos.

   

   

(2020-2021) Tamén celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en verán.

Ó longo do curso ó final de cada mes, fomos celebrando os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos.

Por mor do protocolo COVID-19 non puidemos facelo cociñando a nosa propia tarta e facendo unha pequena festal, como ocurría en cursos anteriores.

Chegado o final do curso, celebramos tamén os aniversarios daqueles compañeiros e compañeiras que cumprirían anos ó longo do verán, durante as vacacións.

Deste xeito cada homenaxeado recibiu a súa camiseta de agasallo, feita polo seus compañeiros e compañeiras, e decorou a sua coroa.

    

Cada un deles: KIARA, DANIEL e GERMÁN, soprou a candea do número que se correspondía cos anos que cumpriría nunhas semanas.

 

Felicidades adiantadas para todos eles ;)

  

(2020-20201) Traballamos con robots na aula, antes de rematar o curso.

Tal como xa vos contamos noutras entradas anteriores deste blog, ó longo do curso estivemos traballando na aula con diferentes robts educativos.

Nestas últimas semanas do curso, esto foi todo o que que fixemos cos diferentes robots que temos na nosa aula.   

Debuxamos figuras xeométricas usando o probot. Para elo tivemos que programar os movementos e os xiros do "robot coche".

       

Cos Ozobots xogamos a cronometrar (medir o tempo en segundos), para descubrir con cal dos códigos chegaba antes ó final da liña.

    

Fomos anoando o resultado (número) de cada carreira nun panel, para descubrir cal era o camiño máis rápido. 

   

Tamén o experimentamos en gran grupo usando diferentes códigos, contando o tempo que pasaba, usando o cronómetro das tablets. Se escribíamos o número de segundos en cada liña, poderíamos comparalos ó final do traballo para saber quen gañara.

      

Programamos o Beebot, para que derrubase torres, creadas previamente por nós, partindo desde diferentes puntos do taboleiro. 

     

E claro, non podíamos usar o Beebot, sen facer que pasase por debaixo das nosas pernas ;)

       

Programamos o M-Bot para que puidese xirar, camiñar, parar e ir cara atrás. Con estes movementos conseguimos, manexándoo entre varios, que chegase a pasar por debaixo da ponte sen derrubala. 

    

Había que falar para poñerse dacordo e coordinar os movementos entre todos e  todas, para conseguir o resultado previsto. 

 

      

Finalmente tamén xogamos a derrubar unha torre, dirixindo o M-bot cara a ela, todo o rápido que puidésemos.

    

Xa no vindeiro curso, continuaremos a traballar cos nosos Robots. Ata ese momento podes lembrar todo o que fixemos con eles ó longo deste curso, nas seguintes entradas:

19/04/21: (2020-2021) Descubrimos o MBOT, e moito máis, nas experiencias de robótica na aula.

06/03/21: (2020-2021) Seguimos a traballar con robots na aula, con algunha nova incorporación.

05/12/20: (2020-2021) Descubrimos novos robots na aula: o Probot e os Ozobots “únense á festa"

31/10/20: (2020-2021) Continuamos a xogar e aprender co Beebot, un dos nosos robots.

   

      

    

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.