Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de decembro

Antes de rematar o trimestre, no mes de decembro, celebramos os aniversarios dos compañeiros que cumplían anos antes de acabar o ano. Nesta ocasión DANI e ENZO.

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Como sempre preparámoslle unha camiseta de agasallo feita por todos e todas.

    

O día da celebración, o último día de colexio antes das vacacións de Nadal, DANI non puido vir ó colexio polo que só ENZO sorpou a candea cos seus anos, despois de que lle cantaramos entre todos e todas a canción de "cumpleaños feliz".

  

(2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia

O pasado 13 de decembro, organizada pola Biblioteca pública do Concello de Campo Lameiro e o CEMIT, participamos nunha vídeo-conferencia con Santa Claus.

       

Cando chegamos estaba Cruz, a encargada da biblioteca, agardándonos, para ensinarnos como tiñan decorada a Biblioteca polo Nadal; mentras agardábamos a conexión con Santa Claus.

           

Despois de agardar un anaco, por fin comezou a vídeo-conferencia con Papá Noel.

 

      

Cada quen puido falar con el e pedirlle o que quería, usando o micrófono.

 

     

Cando rematamos, despois de despedirnos de Santa Claus,  visitamos os adornos que había alí ó lado, preto da Casa do Concello.

 

      

Había un pequeno pobo de Nadal en miniatura. Cruz contounos todo o que alí había. Ata un buzón para deixar as cartas.

      

Antes de marchar fixemos unha fotografía todos xuntos e xuntas, dentro do regalo xigante que atopamos diante do edificio do Concelllo. 

     

          

(2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blogue:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

  

Ó longo dos seguintes días, despois de decidir o que iamos investigar no noso primeiro proxecto deste curso, comezamos a xuntar moita información sobre o tema.

Algunha recibímola das nosas familias por e-mail, respostando a cada un deles agradecéndolle a información.

    

Tamén conseguimos uns libros que falaban dos cans salchicha. Seguro que serán de utilidade nalguha das preguntas.

   

Fomos xuntándoo todo no noso recanto da información, para poder consultala cando a precisemos.

  

Tamén completamos o noso recanto virtual da información, na web do colexio (recanto de infantil > vídeos), onde publicamos as ligazóns e vídeos que nos chegaron por e-mail, e todo aquilo que non se podían imprimir.

  

Con toda esta información xa podíamos comezar a investigar, asi foi como atopamos a resposta a unha das preguntas que nos plantexáramos:

  

Cal é o nome verdadeiro dos cans salchicha?

Atopamos a resposta visualizando un dos vídeos no noso recanto virtual da información. Alí explicaba que tiñan dous nomes alemáns e o que significaban.

Anotamos as respostas escribíndoas na pizarra branca.

      

Decidimos plasmala no mural da investigación indicando tamén, de onde viñan eses dous nomes que teñen. Ademais acordamos con que imaxe acompañaríamos a resposta.

    

Así quedou plasmada no mural da investigación esta primeira resposta que atopamos.

   

Á volta do Nadal, que agora estamos "líados" con outras cousas ;),  continuaremos con esta investigación, buscando as respostas a tódalas preguntas que aínda nos quedan pendentes.

Xa sabedes que poderedes estar ó tanto de todo o que fagamos neste bloge.

   

   

(2021-2022) E ademais en novembro... sucedeu todo isto en Infantil 2

Ó longo do mes de novembro, na nosa aula, sucedeu todo isto que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademáis, no día a día en Infantil 2, tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

O día 25 de novembro celebramos o "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", creando e poñéndonos o lazo morado representativo...

    

... e participando na creación da árbore "para a igualdade" no muro do colexio, xunto ós demais compañeiros e compañeiras do colexio. Nós encargámonos de estampar a nosas mans de cor morado.

   

Así de xenial quedou rematado.

 

    

Podes ver como o creamos no seguinte vídeo:

   

Deixamos tamén as nosas impresións sobre esta data tan sinalada, no programa que gravamos na "radio escolar".

   

Continuamos a completar o noso dicionario xigante para logo encher os dicionarios individuais, coas nosas palabras favoritas. 

     

Escribindo a palabra na aplicación do "dicionario" (que podes atopar no recanto de infantil) e, imprimindo tantas fotos delas como precisaríamos.

  

Participamos no concurso para elixir un nome e un logotipo da nosa radio escolar. Nunhas semanas saberemos cal foi o escollido, de entre os elaborados polos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

 

  

Continuamos a desenvolver as nosas habilidades creativas...

  

... experimentando con diferentes técnicas

    

Participamos na gravación dun podcast xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Ós de Infantil correspondeunos falar dos morcegos.

   

E ata recibimos un agasallo, feito con follas, elaborado polos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º; que fixeron coa profe Bea de inglés (podes ver a publicación correspondente no recanto de inglés). Quedou así de fantástico no corredor da zona de infantil do colexio.

   

Agora en decembro, preto xa do Nadal, están a acontecer unha chea de cousas. Poderedes velas en futuras entradas deste blog.

   

   

(2021-2022) Pechamos novembro recordando o que fixemos

Menudo mes! En novembro fixemos tantas cousas que nin o profe acórdase ou sacou fotos de todas. Por sorte, entre ás veces que os nenos e nenas de EI1 recórdanllo, e os momentos no que a neurona funciona, puidemos facer unha recopilación dalgunhas das actividades que fixemos ao longo deste mes... Listos? Empezamos!

Sesión de pintura estampando

Para esta actividade, comezamos explicando en que consiste a técnica do estampado. A continuación, buscamos na nosa aula xoguetes, obxectos e material de aula que servise para estampar. Tractores, platos, rexas, bloques... Deixamos todo perdido de pintura, pero os resultados foron dignos dunha galería de arte.

Fixemos as cestas para o Magosto

Aproveitando todos os tubos que trouxemos da casa (grazas de novo ás familias!), fixemos as cestas para as castañas. E para completar a decoración, utilizamos pegatinas de distintas cores para personalizalas e facelas nosas. Foi tan divertido facelas como chealas de castañas.

Ilusionismo na aula

Este mes tamén falamos de ilusionismo, un estilo artístico que busca representar realidades inexistentes e incoherentes co espazo no que representanse. Por iso, a través do collage, fixemos as nosas propias obras ilusionistas, pegando sobre a paisaxe de marte elementos da nosa vida diaria, dende fotos de comida a modelos desfilando sobre cráteres.

Seguimos a completar os nosos diccionarios

Aínda non o dixemos nas entradas anteriores, pero tanto en EI2 como en EI1 retomamos a rutina do diccionario. Todas as semanas, completamos o noso diccionario xigante con toda clase de palabras que comezan pola letra da semana. E, na seguinte sesión, completamos o noso diccionario individual coas nosas palabras favoritas das que vemos o día anterior. A nós encántanos facelo, e sobra dicir que está a quedar xenial!

Debuxamos propostas para o logo da radio da escola

Pero non só fixemos cousas para nós. No cole celebramos un concurso para elexir o logo e nome da radio da escola. E por supuesto, en EI1 quixemos participar tan pronto chegounos a noticia. Foi coa profe Zaira quen deunos ideas, nos axudou a facelos e tamén a escribir un nome. Normal que nos guste tanto cando visita a nosa aula!

As tarxetas das emocións

Como amosamos en anteriores entradas, na clase elaboramos un mural das emocións para identificar as cores e as caras que representan cada emocións. Pois agora que xa o completamos, elaboramos unhas tarxetas personalizadas coas fotos de cada neno e nena, onde poden ver a sua propia cara expresando cada emoción para ter na súa casa. Agora a pregunta é... En que traballaremos agora? Estade atentos a próximas entradas para descubrilo!

(2021-2022) Experimento do ovo saltarín

Xa estamos de volta coas entradas do blog! Nesta ocasión, falaremos dunha das actividades máis chulas que fixemos este mes: o experimento do "ovo saltarín". Para fácelo, primeiro tivemos que facer un reconto do material que necesitaríamos.

Tan pronto recopilamos os materiais básicos (vinagre, ovos e vasos), pero entón ocurriusenos unha idea... Que pasará se metemos o ovo en outros líquidos? Pois como bos científicos que somos, decidimos engadir un ovo en auga, outro en xabón e outro en Coca Cola?

Deste modo, metimos os ovos dentro dos recipientes e, de seguido, engadimos o líquido para cubrir o ovo enteiro. As texturas e as cores eran distintas, polo que a nosa primeira idea foi que o ovo cambiaría de cor según o vaso... e vós? que credes que pasou?

Despois de verter o líquido toca esperar, xa que como puidemos ver no video no que outros compañeiros e compañeiras fixeron o experimento, se non deixamos reposar os ovos o tempo suficiente, non pasan a ser "saltaríns". Nese tempo de espera, cubrimos o noso rexistro de experimentos, para levar a conta de todos os que levamos feitos.

Con todo feito, chegou o momento de poñer en práctica unha das habilidades máis importantes no momento de experimentar: a paciencia. Tivemos que esperar catro días, onde día a día observamos os cambios que se producían nos ovos, tanto a simple vista como no tacto e no olor.

E así chegamos ao cuarto día, onse sacamos os ovos dos vasos, os observamos e analizamos os cambios que se produciron neles:

- O ovo metido en Coca Cola tiña a superficie máis sucia e escura, tendo incluso algunhas manchas de tamaño considerable.

- O ovo metido en xabón foi o máis difícil de romper de todos.

- O ovo metido en auga apenas experimentou cambios.

- O ovo en vinagre xa non tiña cáscara, so unha capa moi finiña que facía a súa función. Pero ademais cumpliu a premisa do experimento, converteuse en saltarín.

Con isto chegamos ao final do experimento! Sobra dicir que estamos desexando comezar xa co seguinte, ata entón, podedes ver máis detalles deste experimento na entrada do blog dos nosos compañeiros e compañeiras de EI2. Tamén podedes ver como se levou a cabo este experimento en Cervo TV, onde Noa, Ana e Matías explícannos paso a paso como facelo.

(2021-2022) Creamos un ovo saltarín no exeperimento deste mes. Queres ver como se fai?

Este mes experimentamos cun ovo, vinagre e un vaso. Que poderíamos facer con todo isto?

Entre todos e todas plantexamos hipóteses do que críamos que ía suceder:

  • Estouparía
  • Rompería
  • Cambiaría de cor
  • Convertiríase nunha pelota
  • ...

   

Metimos un ovo en auga e outro en vinagre, e deixámolos varios días. Sucedería algo do que plantexábamos?

     

Escribimos o nome do líquido no que se atopaban, para diferencialos, e fomos observándoos ó longo dos días.

   

Cada un dos equipos cooperativos cooperativos reproduciu, de forma autónoma e chegando a acordos, os pasos do experimento...

   

..e fixo a auto-avaliación o seu traballo, de forma figuro-analóxica, cando remataron.

   

Os vasos cos "ovos" de cada equipo, correctamente etiquetados cos nome dos mesmos, estaban listos para agardar uns días... que sucedería?

   

Despois de 4 días chegou o momento de verificar o resulado final. A profe ZAIRA, que estaba tamén connosco na aula ese día, comprobou que sucedía se se tiraba o ovo que estaba en auga... 

    

... que rompeu.

Cando o fixo o mesmo co ovo en vinagre, rebotaba. Convertírase en "saltarín"!!!

   

Chegou logo o momento de que cada equipo, comprobase que sucedía co seu ovo en vinagre. Repitiríase o resultado e así poderíamos ter unha "teoría científica"?.

Cada equipo verificou a teoría, e descubrimos que todos "eran saltaríns" grazas ó vinagre e a deixalos varios días "transformándose".

   

E sí, por suposto, fomos tirándoo cada vez desde máis alto ata que rompeu. Houbo que facelo desde moi alto para que non rebotase e "emporcallase toda a mesa" ;)

    

Tan só nos quedaba por completar o noso caderno de campo dos experimentos individual. Nel anotamos o material que empregamos, escribimos o nome do mesmo e o seu número, pregándolle unha fotografía nosa facendo o experimento.

      

Este mes os compañeiros e compañeiras da aula de EI1 foron os encargados de crear o vídeo do experimento. De seguido podes ver o ven que lles quedou. Agora tamén podes tentalo ti na casa se queres.

    

No seguinte experimento, seremos nós novamente os encargados de crear o vídeo. Que será o que nos toque experimentar?

     

Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que facemos na aula desde aquí.

   

(2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro

Co remate do mes de novembro, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos compañeiros e compañeiras, que cumprían anos neste mes (BRAIS, MARIO e MANUEL).

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Como sempre fixemos unha camiseta de agasallo para os que estaban de aniversario ese mes, onde escribimos os nosos nomes e a decoramos con pintura especial para tela.

    

E, por suposto, cadansúa coroa de aniversario.

   

Cando chegou a data sinalada, que tiñamos anotada no noso calendario online, cada un deles soprou a candea co número de anos que cumprían.

Coa canción en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

   

   

   

Agora temos que agadar a que remate mes de decembro para voltar a celebrar os novos aniversarios.      

(2021-2022) Así celebramos o Magosto en Infantil

Un curso máis, coa chegada do outono celebramos o Magosto en infantil. Despois de non poder celebralo o pasado curso, por mor da COVID-19, este curso voltaríamos a celebralo no "monte de San Antoniño".

Visitamos a páxina web do colexio para lembrar como o celebráramos en cursos anteriores. Visualizamos tamén o mapa do percorrido, posto que subiríamos en autobús e baixaríamos camiñando. Preparamos tamén os nosos cestos e as castañas quee, cos compañeiros e compañeiras de primaria, fomos xuntando.

  

O 11 de novembro xa estabamos todos e todas preparados para partir cara a "San Antoniño", onde celebraríamos o magosto. Subiríamos en autobús.

      

Cando chegamos, xa estaba o profe XOSE LUIS preparando as castañas.

   

Mentras se facían as castañas e agardábamos a que comezasen os xogos, exploramos o contorno descubrindo un petroglifo e outras moitas cousas.

        

Fixemos unhas fotos de grupo de recordo.

    

Rematada  a nosa exploración, participamos nos xogos do Magosto que organizou o profe Paulo. Foron xeniais.

  

        

    

Algúns dos xogos facíanse con castañas, como o "come-castañas".

     

Rematados os xogos chegou o momento da merenda...

 

   

... e cando rematou era a hora de comer as castañas.

   

Usamos os cestos que fixéramos na clase para meter dentro as castañas asadas, que estaban moi quentiñas.

             

Estaban boísimas.

   

Rematada a xornada era o momento baixar camiñando ata o colexio.

   

Xa preto do colexio pasamos pla casa de ENZO, onde nos presentou o seu can "ZUMA".

  

Por fin chegamos ó colexio, rematando a noso percorrido a pel polo monte.

   

 Foi un día fantástico!

   

Podes ver a celebración de todo o colexio na seguinte entrada.

11/11/21: (2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio

    

(2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

Despois dunhas primeiras semanas de atapación dos novos compañeiras e compañeiras a Infantil 2, por fin puidemos poñernos mans á obra e iniciar unha nova investigación na aula. A primeira dese curso.

Antes de comezar lembramos, visitando entradas antigas da web, como foi todo o proceso da investigación que levamos a cabo o curso pasado, cando investigamos os ponis. Fomos comentándoo cos novos compañeiros e compañeiras.

     

Para escoller o tema a investigar, despois de varios diálogos e debates, acordamos propoñer unha serie de temas que nos interesaban. Cando cada quen propoñía un tema, tiña que argumentar que aspectos concretos do mesmo quería descubrir.

     

Despois de levar a cabo unha votación a "man alzada", quedamos con 4 finalistas. Entre eles levaríamos a cabo unha nova votación, xa en furna,  da que sairía o tema de investigación que levaríamos a cabo. 

Para elo preparamos as papeletas de votación, escollendo as imaxes dos temas entre todos e todas.

      

Xa coas papeletas listas organizamos a mesa electoral, na que CLAUDIA, encargada dese día, fixo as veces de presidenta para "vixiar a limpeza de todo o proceso" ;).

     

Para poder votar, cada compañeiro ou compañeira, tiña que traer a súa papeleta cuberta, ben dobrada, co tema que elixira rodeado. Tamén tiña que traer o seu carnet "para confirmar a súa identidade" e que tiña dereito a depositar o seu voto.

A presidenta da mesa foi anotando nunha lista, a medida que iamos votando todos e todas, para evitar que alguén puidese votar máis dunha vez.

       

Rematada a votación chegou o momento de facer o reconto de votos...

    

.... con este resultado final. O tema elexido foron "OS CANS SALCHICHA".

    

Xa co tema elixido comezamos a preparar o "mural da investigación", anotando nel o títuo do tema e escollendo, imprimindo e recortando, unha imaxe representativa que buscamos en internet.

      

Tamén acordamos entre todos e todas, que co descuberto, crearíamos unha exposición para contarllo ó todo o mundo xunto cun pequeno documental.

Plasmámolo tamén no mural, para telo presente sempre, tanto escrito como cunha imaxe representativa que buscamos por equipos en internet.

    

Entre todos e todas fomos anotando os nosos coñementos previos: 

       

E todo o que queríamos descubrir na investigación.

       

Tamén anotamos onde poderíamos buscar a información, preparando unha nota para levar a casa, pedindo axuda ás nosas familias.

       

Agora tan só nos queda agardar uns días, mentras preparamos a celebración do Magosto, para ir recopilando toda a información posible sobre o tema, e poder iniciar a busca e respostas. Tanto en papel como en formato dixital, no noso recanto da investigación da web.

     

Se tes algún tipo de información sobre este tema, estamos encantados de recibila en infantilcampolameiro@gmail.com 

   

Xa vos contaremos nas sucesivas entradas deste mesmo blog, como nos vai na nosa investigación. Permanecede atentos.

    

      

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.