Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 5º e 6º curso

Durante o 1º trimestre os nenos e nenas do terceiro ciclo traballamos as seguintes unidades:

-Ola, que tal?: na cal tomamos contacto cos alumnos, xa que entre eles xa se coñecían pero a mestra a eles non. Nela explicáronselle as normas e rutinas coas que traballariamos diariamente (quecemeto, hixiene, ...) e realizáronse xogos de presentación, integración, desinhibición,...

Tamén, ao igual que nos demais cursos, fixemos o rexistro de peso e talla mais o debuxo do seu corpo.

-Estades en forma?: buscando desenrolar neles por medio de xogos as súas capacidades físicas básicas:  resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.

Nela tentamos:

- identificar cando estaban presentes nos distintas actividades,

- coñecimos os cambios fisiolóxicos que acontecían no noso corpo: pulsacións (tomando rexistro delas antes e despois das actividades), aumento de temperatura corporal e sudoración,...  

 -realizamos actividades para melloralas

- estudamos os efectos da actividades física no desenrolo ,  na saúde e na calidade de vida.

Este gran tema  axudounos a estar mellor preparados  para o Cross que se celebrou en Soutelo dentro das competicións de Deporte Escolar. 

       (toda a información e fotos desta xornada) 

Polo medio del tamén adicamos un par de clases a preparar os carteis, debuxos e xogos que se farían o día da Festa do Magosto. Os de 6º encargáronse cada un de ser os monitores nas oito probas que había que superar e , a verdade, fixérono moi ben! (xogos Magosto)

-Patas arriba!: neste tema centrámonos na práctica ximnástica adaptada ao entorno escolar, basándonos nas habilidades básicas traballadas, nos xiros, saltos e equilibrios.

Con ela buscamos que soubesen facer ben: voltereta cara adiante,  cara atrás e lateral, cravo, pino de 3 e 2 apoios, salto de potro, tanque,... 

E ademais que tiveran en conta en todo momento as normas de seguridade neste tipo de actividades, que soubesen dar as axudas nos distintos exercicios, aumentasen a confianza en si mesmo a través das tarefas practicadas, adoptasen posturas correctas, que aceptasen as súas posibilidades e limitacións,...

Algúns destes momentos son os seguintes:

 

(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 1º e 2º curso

Durante o 1º trimestre do curso escolar 2010-2011 os nenos e nenas de 1º e 2º traballamos as seguintes unidades en Educación Física:

-Ola, que tal?: foi a 1º do curso. Nela os nenos atopáronse de novo cos seus compañeiros despois do descanso das vacacións e tamén coñeceron nenos e mestres novos.

Neste tema pretendeuse que tivesen unha volta alegre, cooperativa e participativa, traballando para elo xogos de presentación dos novos, de cooperación entre eles traballando en equipo, ...

Ademais explicáronse nela os espacios , os materiais e as normas destas clases.

Tamén aproveitamos para facer un rexistro da talla e peso de todos eles xunto co debuxo do seu corpo;  fichas que se repetirán a comezo e final de curso todos os anos séndolle entregadas no remate da primaria onde verán como foron medrando e mellorando o seu esquema corporal.

-Coñecédesvos?: Nesta unidade traballouse o coñecemento e control do seu propio corpo: as partes e segmentos corporais (mans, tronco, pernas,...), as articulacións e o seu movemento (xeonllos, pulso, movementos da columna vertebral,...)e  o seu corpo e o dos demais.

Para elo fixéronse actividades como: poñer pinzas cada un polas articulacións do seu corpo e ao sinal quitarllas aos demais sen que llas quitaran a un, debuxar no chan a silueta do corpo dos compañeiros e logo empregalas como casiña nos pillas, debuxar a silueta do mestre en papel, marcando nelas as distintas partes do corpo cos seus nomes e logo tirarlle como se foxe unha diana tendo cada parte unha puntuación diferente,...

-Dereita ou esquerda?: terceiro tema no que buscouse que afirmaran a lateralidade os nenos que aínda non a tiñan e de que progresaran a recoñecela nas demais persoas e obxectos.

 Tamén ver que dominancia lateral tiñan (en man, pe, ollo,...), que manipulasen distintos materiais con ambas mans e pes, e que discriminaran dereita e esquerda.

Para elo sempre nas primeiras sesións todos levaban posta unha pinza enganchada no brazo dereito para que eles rapidamente identificasen as partes dereitas ou esquerdas do seu corpo.

-Sentides?: traballando o desenrolo sensorial: a súa percepción dos 5 sentidos (ou 8 -eles saben-), facendo xogos de memoria e agudeza visual ou auditiva, de discriminación táctil,... desenrolando sempre a súa capacidade de atención.

Fixéronse actividades como: facer percorridos cos ollos tapados sobre colchonetas sen tocar o chan (tacto nos pes e mans), recoñecer que compañeiro era o que facía un ruido determinado  tendo os ollos tapados (agudeza auditiva), pasar mensaxes escribindo co dedo na espalda dos compañeiros (tacto),...

- Relaxámonos?: última unidade na que traballamos:

-respiración: ensinándolles as súas fases,percibindo os movementos do peito e abdomen,  tentando que sexan capaces de soplar un largo rato pola boca,... con xogos con globos, con boliñas de papel,...

-relaxación: Tentando que  estivesen en silencio, sen moverse, cos ollos pechados, respirando a modo, sentindo que partes están no chan e como lles pesan, moverllas os  compañeiros e soltarllas deixándoas caer, como se fosen bonecos de trapo. E polo contrario estar en tensión, sen deixarse mover polos demais, ríxidos, andar coma robots...

-e a actitude postural: traballando o equilibrio nas distintas posicións que podiamos poñer e con diferentes obxectos.

Ademais durante este trimestre foron traendo da casa distintos materiais de refugallo: cartóns de leite, botellas de plástico, bidóns, latas, plumas, ... que durante o resto do curso iremos transformando para convertilos en materiais cos que pasalo moi ben.

Tamén participamos nos diferentes xogos que se fixeron na celebración do Magosto e dous nenos do noso ciclo xa participaron ,e moi ben, no Cross de Deporte Escolar.

(2010-2011) Clasificación Campo a través

Xa temos os resultados !Rindo

Así de ben quedaron situados os nenos e nenas do noso colexio:

Benxamín femenino ( 3º curso) : -60 participantes-

Virginia () , María () , Nuria (), Laura () , Carla 10º)

Benxamín masculino ( 2º e 3º curso ): -58 participantes-

Alexandre () , Anxo (), Borja () , José (13º), Raúl (18º) Daniel Campos (34º) , Pablo (37º)

Alevín femenino (4º e 5º curso): - 78 participantes-

Arantxa () , Ana () , Mª Carmen (12º) , Andrea  Zas(16º) , Tamara (30º) , Uxía (35º), Andrea Ramírez (51º) , Lara (64º), Fátima (65º) , Meritxel (69º) , Antía (77º)

Alevín masculino ( 4º e 5º curso ): -87 participantes-

Ismael Escariz () , Roberto (10º) , Jesús (28º) , Martín (29º) , Daniel (38º), Germán (39º) , Óscar (40º) , Ismael Serrapio (43º) , David (45º), Pablo (50º), Santiago (52º), Iván (69º)

Infantil femenino (6º curso): -58 participantes-

ALba (15º) , Belén (22º), Miriam (23º) , Marina (28º), María (41º), Adriana (42º), Leticia (43º)

Infantil masculino ( 6º curso) : -53 participantes-

Jaime (28º), Julio (38º)

Noraboa a todos e todas de novo!Aceno

(Se atopades algún erro avisade a mestra de E.F. , porque o listado que mandaron viña mal e igual faltades algún de vós)

(2010-2011) Participación en campo a través - Deporte escolar-

Un ano máis os nenos e nenas do noso centro participan na xornada de campo a través celebrada o venres 25 de novembro en Soutelo.

Enchemos o autobús co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º máis dous rapaces de 2º. Aquí estamos saindo do noso colexio.

Xa alí, demos un paseo polo que ía ser o percorrido.

 

Despois de agardar un bo anaco nas gradas,  comezamos a competir.

As primeiras foron as nenas de 3º.

Como premio ao esforzo, un bo abrazo da súa mestra!

Os seguintes en competir foron Anxo e Raúl de 2º, que quedaron de primeiriños, xunto cos nenos de terceiro.

 

Aquí vemos por orde como foron chegando á meta. Anxo foi tan rápido que nin tempo deu a fotografialo.

 

 

Os seguintes en sair foron as nenas de 4º e 5º. Tamén o fixeron moi ben a pesar do que costaba respirar ese aire tan frío.

Así foron chegando á meta.

 

  

Toca o turno dos nenos de 4º e 5º.Preparados, listos,xa!

 

Fixérono tamén moi ben, uns dos mellorciños foron Ismael de 4º e Roberto de 5º. Todos foron chegando aos poucos detrás deles.

As nenas de 6º, xunto coas de 1º da ESO, foron as seguintes en competir.

Destacou Alba, tras dela chegaron as súas compañeiras.

 

E por último Xaime e Xulio, de 6º, que cos rapaces de 1º da  ESO tiveron que facer o percorrido máis longo.

 

Rematadas as carreiras todos puidemos repoñer forzas e quitar o frío do corpo cun chocolate ben quentiño.

Xa de volta  no autobús algún deles aínda lambía os bigotes recordando o rico que estivera.

                         

Xa só queda agardar ao venres que ven , que é cando nos enviarán as clasificacións e comprobaremos o ben que o fixemos todos nós.

Noraboa a todos e todas. Sodes uns campións! Aceno

 

David Cal visita o noso centro.

 

David Cal visita o noso centro.

DEPORTE ESCOLAR

O Próximo encontro con motivo da participación nos campionatos de Deporte escolar,será o día 13 de marzo no pavillón do colexio. O  equipo visitante é o CEIP de Cerdedo, e xogará o equipo de benxamíns.Moita sorte a todos. 

O xoves 15/3/10, o equipo de alevíns desprázase a Cerdedo, para competir noutra xornada do deporte escolar, sorte tamén para eles, e pensade que sempre o máis importante é participar! 

 

 

 

 

 

Xogos do recanto de E.F.

XOGOS e LIGAZÓNS de interese do recanto de E.F.:

.

Test co que poderedes comprobar a cantidade de coñecementos que tedes sobre o mundo do deporte.

.

.

Xogo con preguntas sobre prevención de riscos

.

. .

.

En Ludos :recursos informáticos cos que poderedes divertirvos á vez que aprenderedes novas cuestións de Educación Física.

.                                                          .

Actividades e xogos sobre temas relacionados co voso corpo e a vosa saúde

.

. .

Xogo para traballar os valores dentro da Educación Física

.

.

.

Xogo sobre vocabulario

cun apartado referente

a Educación Física

.

.

              XOGO DE XADREZ:

Queres aprender ou mellorar o teu nivel de xogo?

Vai practicando cunha partida. Podes elexir nivel principiante, medio  ou avanzado. Moita sorte!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.