Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EDLG

Primeiro mandado do Meco

          

30 de xaneiro - Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz o colexio Centieiras realizou varios murais colectivos que están expostos na entrada do centro. Ademais hoxe cantamos dúas cancións escollidas para este día: De que che vale? e O mundo é grande.

 

 

CÓNTOCHE ALGO? - terceira edición-

E chega a terceira entrega da actividade Cóntoche algo?

Nótase que imos mellorando cada mes.

 

Noraboa a todos e a todas porque cada vez temos novas aprendizaxes da nosa cultura.

 

E grazas, unha vez máis, A TODAS AS FAMILIAS  pola vosa axuda e colaboración.

Estamos recuperando moitas tradicións e lendas que pensabamos esquecidas!

 

Lembrade que o GALEGO é a nosa lingua!!

 

Vémonos en febreiro con novas proxeccións!!!!

 

Halloween

Tamén celebramos o Halloween. Iria, a profe de inglés, Andrea, a auxiliar de conversa e Carmén, profe das seccións bilingües de 5º e 6º contáronlles aos nenos e nenas un conto de medo chamado "Wanda the witch".

 

E os gañadores do Concurso de Contos de Medo son...

Alejandra Seijo Crego de 3º de Educación Primaria

 


Jesús Nicolás Díaz García de 4º de Educación Primaria
 


Xabier Ferández Martínez de 5º de Educación Primaria
 

 
 
Antía Fernández Alonso de 6º de Educación Primaria
 
 

Exposición de vasoiras e sombreiros de bruxa!

Cada unha das aulas do centro elaborou un sombreiro e unha vasoira de bruxa para a exposición!

A bruxa Encarnación está encantada, agora para o Samaín ten moito onde elixir!!

 

 



ARRANCAMOS A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN!!

Empezamos a conmemorar o Samaín coa exposición de debuxos de medo realizada polos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria!

Podedes vela na entrada do colexio!

Tamén contamos cunha selección de contos de medo da Biblioteca do centro!

Proximamente poderedes ver na web os contos gañadores do concurso de contos de medo, así como as vasoiras e gorros de bruxa que están elaborando nas distintas aulas!

 

 

Distribuir contido