Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
CENTI AGÁRDAVOS NA BIBLIOTECA
Un polbo de ollos agarimosos nos recibe.Aquí hai risas,aventuras,medos,tenruras...millóns de historias.Atoparás á aviadora,ao coello no calcetín,ao merlo larpeiro,ao dragón,á pirata,ao bombeiro...e tamén bailaríns,monstruos,aventureiros...Queres coñecelos?Ven a coñecer todos os mundos posibles.Todos están na túa Biblioteca.Ven.
XA ESTAMOS AQUÍ!!!!
Encontros,risas,recreos,contos...e tesouros!!! Os nosos e nosas "veteranas" de E.I medraron tanto,tanto....
REUNIÓN CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL 2017/2018
O vindeiro venres 8 de setembro ás 10:00h da mañá terá lugar, na biblioteca do centro, unha reunión informativa xeral para todos os pais e nais que teñan alumnos ou alumnas escolarizadas nesta etapa.
Posteriormente cada curso subirá á súa aula correpondente para recibir información específica da súa titora.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO LIBROS
As datas para a reclamación son o 17 e 18 de xullo. As listaxes definitivas sairán o día 20 de xullo.
AVISO PARA AS FAMILIAS
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO MES DE
XULLO
ATA O 14 DE XULLO DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 13:00H.
LUNS 17, MARTES 18 E MÉRCORES 19 DE XULLO DE 10:00 A
13:00H.
MÉRCORES 26, VENRES 28 E LUNS 31 DE 10:00 A 13:00H.
Xa están a disposición das familias os vales de material e para a
adquisición de libros de texto. Se o titular do vale non pode vir
é necesario unha autorización firmada por dito titular para a
persoa que veña.
A recollida poderase facer no horario anterior.
A dirección.
DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6º E.P
Neste vídeo, feito por Beatriz, podemos disfrutar do percorrido dos alumnos e alumnas de 6º de E.P dende que empezaron no cole en E.I ata agora.Sorte na nova andaina!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »