Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

OS MAIOS

      Desde hai tantos anos xa que case non nos acordamos, o colexio Centieiras tén o mes de maio como unha das súas etapas educativas centrais. No maio festexamos as nosas letras, os nosos autores, a nosa cultura, con actividades centradas, este ano, na figura do poeta da Terra Cha, en Manuel María, un home do pobo, un labrego da palabra e un defensor de Galicia. Pero maio é, ademais, unha escusa para recuperar as nosas tradicións. Os maios. Os maios márcannos un tempo primaveral que perde os medos ao inverno e dá un carácter festeiro e amable aos días que anticipan o verán.

Este curso, grazas ao esforzo e colaboración de toda a comunidade educativa, demos un paso máis na recuperación da nosa historia, e saímos cos maios fóra da nosa escola. Saímos, cantamos, bailamos e pedimos, porque nos maios sempre se pide. Os nosos maiolos non son castañas secas nin noces, son, foron, mellor dito, premios moito maiores: o calor dos aplausos e o cariño dos sorrisos que recibimos e que nos deron xa forzas para pensar en seguir de maios o ano que vén.

Grazas a todos: a alumnas, alumnos, a pais, a nais, a profesorado, á policía local, ás concelleiras Mariela e Amalia e ao noso alcalde Juventino! Grazas a toda a comunidade por axudarnos a desfrutar dunha festa de maios preciosa!!!