Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Unha visita de honra!!
Laura a mamá de Martín , que é arquitecta, veu darnos unha charla na que aprendeunos cousas
moi interesantes.
Buscamos o norte co compás, e vimos como a agulla magnética sempre sinala ese punto.
Sabedes cal é o lugar onde primeiro sae o Sol da Península Ibérica?...Pois é a Illa de Menorca.
E onde se pon o Sol máis tarde? Aquí en Galicia, en Vigo.
Convertémonos no Planeta Terra e no Sol, e así vimos cando se producía o movemento de
traslación, de rotación....e os días, as noites e as estacións nos distintos lugares do Planeta.
Descubrimos tamén que Plutón xira ao revés. Temos que averiguar a razón….
Se alguén o sabe pregamos se poña en contacto con nós.
Laura, como é arquitecta, falounos da importancia de que cando se constrúe unha casa, estea
ben orientada cara ao sol, pero os que as encargan sempre son os que elixen a orientación, e ás
veces, se equivocan.
Xogamos cunha morea de clases de mapas: de pobos, de estradas, turísticos, rueiros, roteiros.
E tamén aprendeunos que os mapas represéntanse en escalas. Se o mapa pon 1:25.000 quere
dicir que 1 cm no mapa equivale a 25.000 cm na realidade.
O primeiro que debemos facer cando temos un mapa nas mans é situar o norte para poder
orientarnos ben.
É sinxelo, pois os mapas sempre teñen unhs “rosa dos ventos”, ou lendas, que nos axudan a
entender o contido.
Fascinante!!
Explicounos tamén que na biblioteca de Neda hai un mapa moi moi grande que podemos visitar.
E por último, xogamos a ser a “Rosa dos Ventos”… cada un de nós era un punto cardinal, e un era
o xefe, que estaba no centro (mirando ao norte, claro), e mandaba rotar a orientación.
Isto encantounos, e a profe Carmen prometeunos facer o xogo máis veces… esperemos que
saiba facelo tan ben coma Laura.
Grazas pola túa axuda mamá de Martín.
No seguinte enlace veredes o vídeo do ben que o pasamos!!
https://drive.google.com/file/d/1i7CsZy2RpiR4acVaJR7H-iWBvrdKuVEC/view?usp=share_link
E aquí tedes as fotos.....