Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 20 ABRIL

Ola familias!

Hoxe, nos arquivos adxuntos, achegamos o seguinte material:

- MATEMÁTICAS: "Los edificios más altos del mundo". Traballo de descomposición numérica e números ordiinais.

- LINGUA CASTELÁ“El reino al revés”, no que traballaremos sobre a lectura dun poema e sinónimos, así como o son /k/ coas grafías  c e qu.

- CIENCIAS NATURAIS: un encrucillado de animais, sinxelo e entretido. (OLLO! Está en castelán).

- Solucións do venres 17 de abril.

- IMPORTANTE!: a maiores, veredes dous arquivos nos que tedes dúas guías para acceder á Aula Virtual de Santillana (ONLINE e OFFLINE), tal e como vos indicamos na mensaxe de Abalar.

 

En canto ao enlaces propostos para hoxe:

- Unha actividade moi útil de repaso das táboas de multiplicar con pequenos trucos.

- Un encrucillado que lles resultará moi familiar, pois está relacionado cun dos temas vistos en Ciencias Sociais.

- E, por último, un vídeo-titorial para poñer en marcha a nosa creatividade facendo un trapecista con materiais moi sinxelos, conmemorando así o Día do Arte; agardamos que vos guste.

 

Unha aperta e moito ánimo!

Carmen e Vero.

 

 

AdxuntoTamaño
MATEMÁTICAS 20 ABRIL.pdf295.29 KB
CASTELÁN 20 ABRIL.pdf626.43 KB
NATURAIS 20 ABRIL.pdf231.7 KB
SOLUCIÓNS 17 ABRIL.pdf826.61 KB
ACCESO SANTILLANA ONLINE.pdf568.03 KB
ACCCESO OFFLINE SANTILLANA.pdf540.47 KB