Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA DURANTE O CURSO 2019 – 2020.
1.- Normativa reguladora
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 12 de marzo do 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2.- Oferta de postos escolares:
CURSOS |
POSTOS OFERTADOS |
|
INFANTIL |
4º |
25 |
5º |
14 |
|
6º |
13 |
|
PRIMARIA |
1º |
4 |
2º |
7 |
|
3º |
3 |
|
4º |
21 |
|
5º |
5 |
|
6º |
0 |
3.- Centro de adscripción do CEIP Plurilingüe de Centieiras:
- CPI a Xunqueira.
4.- Centro adscritos ao CEIP Plurilingüe de Centieiras:
- CEIP de Sillobre.
5.- Calendario:
1-15 de febreiro |
Reserva de praza. Cambio dun centro a outro ao que se esté adscrito. |
Antes do 28 de febreiro |
Publicación dos postos escolares vacantes. |
1 - 20 marzo |
Presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado. |
Antes do 25 de abril |
Publicación da lista provisional de admitidos e non admitidos. |
Antes do 15 de maio |
Presentación das listas definitivas de admitidos e non admitidos. |
20 – 30 xuño |
Formalización da matrícula. |
6.- Área de influencia do centro:
A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.
7.- Servicios complementarios que ofrece o centro:
- Transporte escolar.
- Comedor, xestionado pola ANPA.
- Servizo de madrugadores, xestionado pola ANPA.
- Actividades extraescolares (robótica, tenis, little chef, pintura…), xestionadas pola ANPA.
NOTAS INFORMATIVAS:
- Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.