Hoxe, 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA no noso colexio. A semana pasada estivemos preparando varias actividades:
- Realización de pequenos agasallos para intercambialos entre todas as nenas e nenos do cole. Na nosa conta de Instagram podemos ver o que realizou cada aula de Infantil e Primaria.
- O alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de RADIO NA BIBLIO con esta temática.
- Nas aulas de Educación Física, Inglés e Educación Musical preparamos unhas cancións para cantalas todos xuntos: "Que vivan a Paz e o Amor", SIMAMAKA, "Bo día a toda a xente do lugar"
- A través da Biblioteca comezamos un proxecto co libro "CALENDARIO POÉTICO" de Xoán Neira. Cada mes ten a súa poesía e por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. Comezaron as nenas e nenos de 1º curso co mes de xaneiro e no seguinte vídeo podemos ver o resultado.
PREME NA IMAXE