Este xoves 13 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de EP ivisitou O Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo e a Granxa Escola "Ría del Eo".
En Vegadeo aprendimos a comprar dun xeito máis ecolóxico e fixemos unha manualidade con material de refugallo. Tiñan preparada unha tenda na que puidemos comprar os nosos productos tendo en conta os envases nos que veñen envoltos e facelo dunha forma máis sostible. Foi unha experiencia moi educativa que acompañamos cun pequeno tentempé de media mañá nun entorno natural precioso. Gracias Montse pola atención e pola túa amabilidade.
En Castropol pasamos unha tarde de actividades completa na Granxa Escola "Ría del Eo": escada, visita aos animais da granxa, equitación, karting e xogos variados. Tomamos a merenda e comimos un rico xeado!!!. Grazas aos monitores e coordinador que nos trataron tan ben e cos que aprendimos tantas curiosidades dunha granxa.
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO