Este xoves pasado celebramos Os Maios, festividade que conta con gran tradición en Viveiro e parte de Galicia e que trata de dar a benvida á primavera, o bó tempo e as flores. Aínda que nesta ocasión o tempo meteorolóxico non nos permitiu sair desfilando ata a Praza do Chao e tivemos que celebralo no ximnasio.
Os maios é unha festa de tradición prerromana que xa celebraban os celtas e desde o noso centro, queremos facer partícipe ao alumnado da nosa cultura para axudar a que non se perda e involucrándoos desde pequenos.