Desde a ANPA do CEIP de Celeiro informan que o vindeiro luns día 10 terá lugar unha charla sobre igualdade ás 7 da tarde no salón de actos do Concello de Viveiro.
O acto está aberto para todo o público (non só para as familias do noso colexio) e enmárcase dentro dun programa de actividades coeducativas que se van levar a cabo co alumnado do noso centro ao longo do mes de outubro.
Alí vos esperamos!