O venres pasado Porto de Cleiro e Lucas Requejo organizaron unha actividade centrada no coidado dos océanos. Esta iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), nace froito do convenio de colaboración entre o CEIP de Celeiro e Porto de Celeiro S.A OPP-77 para promover actividades que contribúan a concienciar ao alumnado de Celeiro sobre o medio ambiente mariño, e o coñecemento da realidade económica e social da súa contorna e dos produtos de pesca.
Nesta xornada tivemos actividades como: Coidado do medio próximo ao centro para o alumnado de E. Infantil e percorrido por Celeiro ata a praia para facer facer unha recollida de lixo para E. Primaria. Así como charlas e deseño de carteis.
O obxectivo é que sexa unha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxe sobre o mar e a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria está convocado a participar nun concurso onde poderán deixar voar a súa imaxinación e creatividade coa presentación dunha manualidade onde deixarán patente o que para elas e eles significa o mar. Valorase de xeito positivo a utilización de materiais de refugallo. Trátase dunha actividade onde quedará plasmada a vea artística destas pequenas e pequenos.
PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO