O martes, 28 de marzo, o Coro do CEIP de CELEIRO participou nas Xornadas Corais Infantís que organizou o Conservatorio de Música de Viveiro.
O coro estivo formado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria que cantaron o seguinte repertorio:
AKAIHANA
POUPURRI DISNEY
POUPURRI MARIÑEIRO
SIMAMAKA
BONSE ABA
VOIS SUR TON CHEMIN
PASENIÑO, PASENIÑO
TECÍN SOIA A MIÑA TEA
Son cancións que prepararon na aula de Educación Musical para cantar nas celebracións do colexio e que interpretaron no conservatorio con moito éxito. Foron moi aplaudidos por todos os asistenten ao concerto e eles pasáronno moi ben!!!
Temos que agradecer ao Conservatorio a súa invitación e especialmente queremos darlle as gracias a Gonzalo Smaniotto que nos acompañou magníficamente ao piano nas dúas últimas cancións dedicadas a Rosalía de Castro.
Hoxe recibimos na biblioteca aos axentes forestais e medioambientais da Consellería do Medio Rural.
Con eles aprendimos a protexer o noso medio ambiente. Ensináronos a importancia do respeto pola natureza, axudándonos a plantar árbores e poñer niños na contorna co colexio.
Utilizamos os seus utensilios de traballo, como mangueiras, ... e, sobre todo, aprendimos a importancia da súa labor na extinción dos incendios forestais. Desde aquí agradecemos moitísimo a dedicación e agarimo que nos demostraron en todo momento. GRAZAS!!!
Na mañá do venres, 24 de marzo, despois do recreo, tivemos unha sesión de xogos para celebrar todos xuntos as conmemoracións desta semana: Día da poesía, da árbore, da auga, da chegada da primavera.
Primeiramente, nas aulas, tivemos que elaborar diferentes xogos con materiais de refugallo
No pavillón distribuímonos en diferentes estacións con nomes de árbores do noso colexio; cada equipo estaba formado por alumnado dos diferentes ciclos: infantil e primaria.
Pasámolo moi ben pois compartimos todos os xogos!!!
O venres, 24 de febreiro, o alumnado de 5º dePrimaria realizou un programa de Radio na Biblio con contidos sobre as celebracións do Día da Poesía, da Árbore e da Auga, achegándonos información sobre a importancia destas datas e recitando poemas de creación propia.
No vídeo podemos seguir o programa realizado por: Ainara, Cristian, Lucía, Mateo, Cristina, Omar, Helena e Alma.
Para conmemorar a data do 8 de marzo, Día da Muller, propuxemos ao noso alumnado que plasmara en debuxo, fotografía, collage... á muller da súa vida, despois escribiron o nome e o motivo polo que a escolleron.
Unha vez entregados os traballos fixemos unha pequena exposición nas ventás e entrada do colexio e así o podemos ver no seguinte vídeo.
Deixamos tamén un pequeno traballo do alumnado de 1º de Primaria
O pasado martes 7 de marzo recibimos a visita do Club Pescados Rubén Fútbol Sala, e que mellor ocasión que a Celebración do Día Internacional da Muller
O luns e martes, 27 e 28 de febreiro, tivemos no cole unhas charlas por parte da Polociía Nacional na que nos falaron do tema do Ciberacoso e nos explicaron como previr o ciberacoso, acoso oral, acoso de contacto e Bullying.
Tamén viñeron cun coche patrulla e deixáronos ver o seu interior e tocar a serea. Vimos o funcionamento dun dron e ecplicaron a sú a importancia para previr os incendios.
Preme nas imaxes para poder ver os vídeos
O xoves, 2 de marzo, o alumnado de 6º curso participou nunha sesión informativa sobre drogodependencia.
Hoxe, 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro; para conmemorar este día realizamos un mural coas caras das nenas e nenos do colexio dentro do rostro de Rosalía, acompañados de palabras que expresaban diferentes emocións.
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio do colexio para homenaxear a Rosalía cun Recital Poético-Musical.
Participamos todo o alumnado e profesorado cantando todos os poemas de Rosalía que foron musicados pola mestra de música, Marta Pérez, desde o ano 2013 ata este curso:
O venres, 17 de febreiro, o colexio encheuse de disfraces moi diversos e divertidos. Foi un día moi especial pois realizamos o xa tradicional desfile polas rúas do Chao, acompañáronnos as familias que estaban desexosos de ver desfilar ás nenas e nenos. O tempo tamén nos acompañou, lucía un sol expléndido que convidaba ao paseo.
Despois do desfile degustamos os típicos doces de Entroido: rosquillas, orellas, fereixós... Rematamos bailando e xogando ao noso xeito e pasámolo moi ben!.
Nos seguintes enlaces podemos ver o que fixemos como preparativos para esta celebración. Tamén deixamos o vídeo do desfile.
Tamén podedes escoitar unhas entrevistas realizadas polo alumnado de 6º de Primaria durante o desfile. O son non é moi bo pero vale moito máis a súa iniciativa. Un aplauso polo seu entusiasmo!!!