BiblioCeleiro

Semana da Microrrede A Mariña

Presentamos  o cartel de actividades da Microrrede A Mariña.

Entre os días 7 a 10 de maio vaise celebrar, na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro, unha nova edición co tema: "Microrrede a Mariña. Homenaxe a Ibáñez".

 

O noso centro colabora con diversos deseños. A obra principal é un dos espacios que tan ben recreaba Ibáñez con ese edificio icónico DA RÚE 13 DO PERCEBE. Trátase dunha obra plástica que desenvolveu o alumnado de 4º e 5º de EP,  en donde se pode apreciar como un gran barco pesqueiro choca e entra na cociña de Otilio. O que nun principio parecía un caos absoluto, vólvese na oportunidade de celebrar un festín no que Otilio é o gran protagonista. Grazas que o helicóptero gardacostas entra en escena para gran sorpresa de Neptuno. Ao final todo queda nun susto. Tal como imaxinaría Ibáñez.

 

O alumnado de 6º de EP colaborou realizando unha fantástica viñeta do Cómic colaborativo, na que unha grande representación de centro educativos da Mariña estiveron a desenvolver durante este curso académico.

Como traballo individual contamos coa elaboración  de cómics por parte de  todo o alumnado do Centro en colaboración coas súas  familias. Sempre temos unha gran acollida e a participación é extraordinaria. Non podemos deixar de agradecer tanto esforzo por parte de tod@s.

NORABOA EN MAIÚSCULAS!!!

 

 

 

 

 

 

 

Semana de Inmersión lingüística en Salduero

O alumnado de 5º e 6º de EP estivo a semana pasada  nun campamento de inglés en Salduero, Soria.

Acompañáronos a profesora de inglés, Rosa; a orientadora, Virginia e o auxiliar de conversa do noso colexio, Johan.

Foi unha semana intensa, chea de actividades, proxectos, compañerismo e moito traballo en inglés.

Podedes ver todo o que fixeron no seguinte enlace:

https://rosa-thepine.blogspot.com/

 

Día do Libro

Hoxe conmemoramos o Día Libro.

Pedímosllle ao escritor e defensor da natureza, Anxo Moure, que nos acompañara, por  segunda vez neste centro, coas súas historias cargadas de agarimo polas árbores, a lectura e os especial o respeto polas tradicións da nosa terra.

Así mesmo, elaboramos diferentes libriños para colgar nas árbores que temos dentro do centro e diferentes marcapáxinas.

O alumnado de 6º de EP recomendou,a trevés de Radio na Biblio, unhas lecturas moi interesantes. 

Coma sempre, GRAZAS a tod@s!!!

Preme na imaxe para poder ver o vídeo

 

 

Obradoiro Ultralimento, pola nosa saúde!

Durante dous días desta semana visitáronos Lucas Requejo e Jarull Rynol para elaborar receitas con froitas e alimentos naturais.

Dende Prato-Do foron capaces de demostrar a todo o noso alumnado que alimentarse dunha forma divertida e saudable é posible. Promoven a saúde e o coidado do noso planeta dende o ano 2014. Evitando alimentos procesados e concienciando  a toda a comunidcade educativa do consumo responsable, apoiando o comercio de proximidade.

Elaboraron: Froitas de tempada, "Aquarius natural", bebidas saudables e sostibles e barriñas enerxéticas.

É un verdadeiro pracer recibir a Lucas e ao seus colaboradores no noso centro, polas boas sensacións que crean en cada actividade e, especialmente, polos obxectivos tan importantes que promoven.  

Acompañan cada actividade coa  canción "As merendas que nos gustan máis" cocreada por Lucas e Iván Vale e que nós incluímos  neste vídeo.

 

 

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO!

 

Grazas, mil grazas!!!

Grazas Nuno!!!

Nuno, alumno de 6º de Educación Primaria, trouxo para a biblioteca unha serie de 14 libros "Los forasteros del tiempo".

Estamos seguros de que o resto do alumnado dará boa lectura de todos eles. Moitísimas grazas Nuno por compartir cultura.

 

 

Compañía de teatro "Moving On"

Esta semana visitóunos a Compañía de teatro "Movin On", coa escenificación da Obra: A Class Act. You Can Do It!. Levan 35 anos adicados a actividades extracurriculares en inglés, dende 1988.

100% interactivo e participativo, cuns obxectivos moi claros:

  • motivar e animar a todos os niveis de infantil, primaria, secundaria e adultos no seu interese cara a aprendizaxe de inglés.
  • coa participación activa e positiva do público para que falen, canten e desenvolvan  o seu humor en inglés
  • unhas obras dinámicas, interpretadas por nativos de Gran Bretaña con moita experiencia.
  • sempre con música orixinal, posta en escea espectacular, proxección dixital e microfonía inalámbrica
  • todo con material didáctico de alta calidade e adaptado aos diferentes niveis de estudios.

Graza a este proxecto cofinanciado pola ANPA e o colexio desfrutamos dunha experiencia de aprendizaxe do inglés dun xeito moi divertido!!!

Grazas a Steve e Fiona e aos actores e actrices improvisad@s que foron alumn@s do centro.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

Charlas de educación afectivo/sexual

A semana pasada leváronse a cabo no Ceip de Celeiro unhas charlas sobre Educación afectivo-sexual  tanto para alumnos de 5º e 6º de EP como para as familias de todo o alumnado.

Estas charlas foron impartidas por Otero Piñán, licenciados en medicina e especializados en promoción da saúde sexual.

 

A Educación afectivo-sexual é un dereito dos nenos, nenas e adolescentes que está recollido como tal pola OMS. Ademais o noso centro participa en contratos programa como  EmociónaT e dentro do cal se enmarcan este tipo de talleres que axudan a convivir en igualdade e sin discriminacións.

 

 

 

LECTURA DO LIBRO "INVISIBLE"-

Dentro do programa EmociónaT,  os alumn@s  de 6º de EP leron aos alumn@s de 3º de EP o formato da colección Cuentos para Contar entre Dos e na súa aula len este libro, unha historia que emociona dende o primeiro momento.

Os alumnos Víctor e Omar de 6º de Educación Primaria  ensináronos a importancia de valores como: a empatía, a bondade, a amabilidade,... para que tratemos de buscar un mundo sen tanta arrogancia,, hipocresía, envexa, violencia...  e así conseguir que ninguén queira sentirse: INVISIBLE.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

 

CONMEMORACIÓN 8M. "DÍA DA MULLER"

Hoxe conmemoramos o "Día da Muller". Nesta ocasión creáronse vinilos con frases nas que se da valor a un día tan importante para todas as mulleres. Colocáronse nas escaleiras da entrada principal do colexio que da acceso ao primeiro piso. 

Tamén traballamos moitísimas actividades nas aulas e un mural por clase. 

De todo este labor ensinámosvos este fermoso vídeo.

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

UNHA EXPERIENCIA INTERGRUPAL E INTERXERACIONAL

Durante o segundo trimestre  fixemos diferentes saídas ao Centro de Día de Alzheimer en Celeiro.

Unha vez máis, desfrutamos dunha experiencia emotiva e máxica.

Alumnado e profesorado vimos sempre co corazón cheo de boas sensacións. 

Quedamos moi agradecid@s aos usuarios e persoal do Centro, que coas súas miradas e sorrisos alegran o noso camiño, cara unha esperanza de vida de coidados e atencións.

Moitas grazas!!!

PREME NA IMAXE PARA PODER VER O VÍDEO

Distribuir contido