BiblioCeleiro

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

A pasada semana a biblioteca tivo moita actividade:

O alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron unhas charlas sobre Educación Sexual impartidas por un médico e sexólogo do gabinete Otero Piñán.

Estes talleres enmárcanse dentro dos Contratos Programa, concretamente no EMOCIÓNA-T

Outra das actividades foi a plantación de bulbos no patio exterior da biblioteca que levou a cabo o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Para a primavera teremos tulipáns...

No expositor exterior da biblioteca xa están os libros recomendados para traballar o Día da Paz

NOVO RECUNCHO PARA A BIBLIOTECA

Estreamos un novo recuncho a carón da biblioteca

para que no tempo de lecer podades xogar ou ler.

 

VOLTA ÁS AULAS!

Comezamos este 2º trimestre cun traballo proposto pola

MICRORREDE A MARIÑA.

Trátase dun traballo colaborativo entre os centros que formamos a MICRORREDE, entre todos imos crear un conto. Durante estas dúas semanas estará no noso colexio para realizar o noso traballo :

"RULANDO UNHA HISTORIA"

 

PREME NA IMAXE PARA VER O PROCESO DA NOSA CREACIÓN

 

RESUMO DO FESTIVAL DE NADAL

Hoxe deixamos dous vídeos do Festival que realizamos o último día antes das vacacións, para que o podades disfrutar, xunto con boas lecturas, neste tempo de lecer.

 

FESTA DE NADAL

E chegamos ao último día do trimestre, un día moi esperado pois estivemos preparando o gran festival de Nadal:

  • Cada titoría preparou un conto, unhas cancións, bailes... para presentar no festival.
  • Este ano o alumnado de 6º curso, xunto coa súa titora Miriam, levou a cabo toda a organización do mesmo: dirección, atrezo, son, gravación, escenografía; encargados do telón, da taquilla, acomodadores... é dicir todos os cometidos necesarios para que todo estivese en perfecta coordinación. Fixéronno moi ben e resultou un festival moi entretido no que todas e todos pasámolo estupendamente!
  • Tamén fixemos a entrega de premios do concurso de decoración de portas. Os gañadores foron as nenas e nenos de 1º de Primaria da mestra Laura. Noraboa polo traballo ben feito!
  • No Instagram do colexio podedes ver anacos das diferentes actuacións

Deixamos uns vídeos gravados antes do festival:

  • A dramatización do conto "Sopa verde" realizado na aula de 6º de Infantil do mestre Daniel.
  • A canción "Rudolph" preparada polo alumnado de 6º de Primaria nas especialidades de Educación Física, Educación Musical e Lingua Inglesa.

SEGUIMOS CON MÁIS ACTIVIDADES DE NADAL

As actividades que presentamos a continuación foron patrocinadas

pola ANPA do colexio.

MOITAS GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Na mañá do martes, 20 de decembro, chegou O Apalpador  ao noso colexio e veu cargadiño de agasallos para todas as aulas de Infantil, Primaria e Especialidades.

No seguinte vídeo podemos ver o seu paso.

Premede na imaxe:

Tamén poidemos participar no concerto que nos deu PAKOLAS. Cantamos, bailamos e pasámolo moi ben. 

No seguinte vídeo podemos ver un pequenos resumo da súa actuación.

Premede na imaxe:

LIBROS NOVOS NA BIBLIOTECA

Lembramos que, na celebración do Día da Biblioteca, fixemos a actividade "Sorbos de Lectura" onde vos pediamos que nos deixárades as vosas suxestión de novos libros para a biblioteca.

E aquí, nesta pequena exposición,  deixamos os libros mercados.

 

SESIÓN DE TEATRO NO PASTOR DÍAZ

Na mañá do luns, 19 de decembro, todo o alumnado de Primaria acudiu ao Teatro Pastor Díaz para ver ao grupo de Teatro de ASPANANE VIVEIRO.

Representaron unha adaptación do conto "Yo voy conmigo" e estiveron dirixidos por Lara Fernández

A unha nena gústalle un neno, pero o neno non se fixa nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconséllanlle de todo: que se quite as coletas, as lentes, o sorriso, as pencas, as ás, que non sexa tan parlanchina. Pero, con tanto quitar, ata se foron os paxaros da súa cabeza. A nena dáse conta de que xa non é ela e decide recuperar as súas coletas, as súas lentes, o seu sorriso, as súas pencas, as súas ás, as súas palabras...e así o neno por fin fixouse nela.

Moitas felicidades polo bo facer!!!

As nenas e nenas do colexio pasáronno moi ben e aprenderon moitos valores que é o principal: Temos que ser nós mesmos.

XA CHEGOU O NADAL AO COLEXIO!

Xa estamos rematando o 1º trimestre e no colexio comezamos cos preparativos e actividades de NADAL.

  • Rematamos a decoración das portas das aulas e coas imaxes fixemos o seguinte vídeo, a modo de  POSTAL de NADAL, para felicitar e  desexar a toda a comunidade educativa un BO NADAL e FELIZ ANINOVO.

Xornada de convivencia

Hoxe estiveron no colexio os usuarios da Residencia  DOMUS VI de Viveiro para contar, ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, o conto: A CASTAÑA MÁXICA.
Foi unha xornada de convivencia moi especial e  dámoslles as gracias pola súa visita.
Mañá farán un Mercadillo Solidario na propia Residencia e o alumnado de 5º e 6º de Primaria cantarán para os usuarios e para os visitantes.
Tamén participamos realizando manualidades para vender no Mercadillo Solidario.

 

Distribuir contido