O mércores e xoves, 16 e 17 de febreiro, todo o colexio asistiu á charla de “Abellas na escola", un programa de contido ambiental deseñado para achegar aos nenos e nenas ao mundo das abellas e á importancia que teñen para todos nós. Tedes moita máis información na páxina: ABELLAS NA ESCOLA
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOS DAS SESIÓNS
Tamén podedes ver o seguinte vídeo da exposición que realizamos cando fixemos o Proxecto Documental Integrado sobre O MUNDO DAS ABELLAS
E xa está listo o recanto que dedicamos ao inverno; nesta ocasión todos os cursos de Primaria fixeron un cadro con algo relacionado co inverno: unha paisaxe, unhas noticias... e tamén os meses de xaneiro e febreiro do "Calendario Poético" do escritor Xaón Neira.
No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." SEGUIR LENDO
Este programa especial foi realizado polo alumnado de 6º de Primaria e nel falan da invención da radio e da celebración do entroido no colexio
Na mañá do xoves, 9 de febrero, Xoán Neira fixo unha visita á nosa Biblioteca para presentar o seu libro "Calendario poético".
Un libro de poemas que fai percorrido polos meses do ano contando as súas características e falando das súas celebracións.
No colexio estamos a traballar estes poemas; por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. No mes de xaneiro xa presentamos o traballo realizado polo alumnado de 1º curso. Neste mes de febreiro as nenas e nenos de 2º presentarán o seu traballo.
Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é María Antonia Dans, pintora "cunha profunda conciencia de xénero".
Hoxe, 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA no noso colexio. A semana pasada estivemos preparando varias actividades:
Realización de pequenos agasallos para intercambialos entre todas as nenas e nenos do cole. Na nosa conta de Instagram podemos ver o que realizou cada aula de Infantil e Primaria.
O alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de RADIO NA BIBLIO con esta temática.
Nas aulas de Educación Física, Inglés e Educación Musical preparamos unhas cancións para cantalas todos xuntos: "Que vivan a Paz e o Amor", SIMAMAKA, "Bo día a toda a xente do lugar"
A través da Biblioteca comezamos un proxecto co libro "CALENDARIO POÉTICO" de Xoán Neira. Cada mes ten a súa poesía e por cursos imos a recitar e poñerlle debuxos. Comezaron as nenas e nenos de 1º curso co mes de xaneiro e no seguinte vídeo podemos ver o resultado.