Comezou a conta atrás... chega o Entroido!
Estamos preparad@s e case comezamos...
Chegan os MANDADOS DO MECO!
O luns, tal e como saias da cama, non quites o pixama.
O martes, comida sá e equilibrada e trae unha cousa no pescozo colgada.
O mércores move os pés trae algo do revés.
O xoves comades o que comades, vir como queirades.
E este ano... recuperamos a CORRIDA DO GALO en Cedeira.
Se queres saber en que consistía... escoita os audios das entrevistas que o alumnado de 5º lle fixo ás súas familias, aos veciños e veciñas da parroquia que participaron nesta tradición cando eran nenos e nenas.
Audio do pai e veciño de Javier.
Audio de Abel un veciño de Javier.
Tamén podes ver as fotos deses anos con alumnos do colexio que hoxe son pais e nais do noso alumnado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Entrevista Abel.mp3 | 2.56 MB |
Entrevista Richard e Jona.mp3 | 3.98 MB |
Corrida do galo LARA.mp3 | 4.82 MB |
Entrevista Abuelo María (online-audio-converter.com).mp3 | 2.22 MB |
Mara_corrida do galo.mp3 | 4.16 MB |
avoa Zoraida audio.mp3 | 4.63 MB |