AXUDAS DA CONSELLERÍA PARA O ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19.

AXUDAS DA CONSELLERÍA PARA O ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19.

SÓ PARA ALUMNADO GRATUÍTO OU SEMIGRATUÍTO QUE PAGA 1 EURO.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • As familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do centro enviando un correo electrónico a ceip.cedeira@edu.xunta.gal  os seguintes datos:

                a) Nome, apelidos e Nº do DNI do representante legal (pai, nai, titor/a), que solicita a axuda así como o nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.

                b) Aclarar por cal das seguintes condicións sodes beneficiarios de gratuidade ou semigratuidade de 1 Euro:

                            - Por ser unidade familiar con renda percápita igual ou inferior a 7.000,00 Euros na declaración de 2018, que sería alumnado gratuíto.

                            - Por ser unidade familiar con renda percápita comprendida entre 7.000,01 e 8.000,00 Euros na declaración de 2018, que sería alumnado semigratuíto (1 Euros).

                            - Por ser unidade familiar con tres menores en idade escolar con renda percápita inferior ou igual a 7.000,00 Euros, que sería alumnado semigratuíto (1 Euro).

                            - Por ser alumnado que teña unha discapacidade igual ou superio ao 33% que sería alumnado gratuíto.

                c) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 31 de marzo ao 6 de abril.

 

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 euro.

Powered by Drupal - Design by artinet