Ola rapazas e rapaces, nenos e nenas:
Esta fin de semana recoméndovos que vexades esta representación musical:
Aquí vos deixo algunhas audicións con musicograma para que vos entreteñades escoitando música instrumental. Escóitaas varias veces, despois intenta seguir o musicograma. Fíxate se ten introdución. Fíxate na esctrutura A,B,C,D... e se ten signos de repetición. Lembra que ao final pode aparecer DC (Dacapo) que significa volver ao principio.
Se queredes facer algunha consulta ou enviar algún traballo podedes utilizar este enderezo: cedeiraem@gmail.com
AUDICIÓN | CURSO | AUDIO | MUSICOGRAMA |
Galo e galiñas (Camille Saint Saëns) | 1º | audio | musicograma |
Elefante (Camille Saint Saëns) | 1º | audio | musicograma |
O reloxio sincopado (Leroy Anderson) | 2º | audio | musicograma |
Marcha do león (Camille Saint Saëns) | 2º | audio | musicograma |
Os canguros (Camille Saint Saëns) | 3º | audio | musicograma |
Montando sobre o cabaliño de madeira (Robert Schumann) |
3º | audio | musicograma |
El abanico (Alfredo Javaloyes) | 4º | audio | musicograma |
Schwanda de bagpiper (Jaromir Weinberger) | 4º | audio | musicograma |
A vida é bela (Nicolá Piovani) | 5º | audio | musicograma |
Horse and Buggy (Leroy Anderson) | 5º | audio | musicograma |
O voo dun abellón (Rimsky-Korsakov) | 6º | audio | musicograma |
Piratas do Caribe (Klaus Badelt) | 6º | audio | musicograma |
Propóñovos unha páxina web: aprendomusica.com
Nela atoparedes moitas actividades sinxelas e divertidas para repasar as notas, as figuras, os instrumentos e mesmo aprender a interpretar pezas novas coa frauta. Hai tres niveis de dificultade, o inicial está pensado para 1º e 2º de primaria, o intermedio para 3º e 4º e o avanzado para 5º e 6º.
Se queredes facer algunha consulta podedes utilizar este enderezo: cedeiraem@gmail.com
Taller de instrumentos:
Propóñovos construír un instrumento musical, é unha maneira de traballar a expresión artística e estar entretido. Dependerá dos materiais dos que dispoñas. Faino sempre baixo a supervisión dun adulto. Aquí tedes algunhas ideas:
- Maracas.
- Unha pequena maraca.
- Botón zumbador.
- Castañolas, carillón, xilófono.
- Maracas, matraca, güiro.
- Tubo harmónico.
- Tambor indio, sambina, maracas e globo sonoro.
- Outras ideas.
Sempre podes buscar outras ideas en internet.
Pezas para cantar ou tocar:
Déixovos neste recuncho musical algunhas cancións que fomos traballando ao longo do curso, por se vos apetece cantar ou tocar a frauta. Ireinas poñendo pouco a pouco, de maneira que cada día teñades máis. Alguhas teñen a versión de Karaoke e tratarei tamén a poñer a letra dalgunas delas.
Se non queredes cantar estas, cantade outras. Cantar é moi divertido e pode entreternos cando esteamos aburridos, ademais é moi bo para o sistema respiratorio, traballamos a memoria e relaxa un montón. Disfrutade delas.
El mundo entero (todos os grupos) | audio | letra | |
O gato e o galo (4º de Infantil) | audio | letra | |
Toca tu cabeza (4º de Infantil) | audio | ||
O swing da cociña (5º de Infantil) | audio | letra | |
El doctor (5º de Infantil) | audio | ||
A ratiña casa (6º de Infantil) | audio | letra | karaoke |
Mis manos son (6º de Infantil) | audio | ||
Ven que te voy a enseñar (6º de Infantil) | audio | ||
Festa na granxa (1º de Primaria) | audio | letra | karaoke |
A pantasma boa (1º de Primaria) | audio | letra | |
A escala musical (2º de Primaria) | audio | letra | karaoke |
Son a nota la (2º de Primaria) | audio | letra | |
O rock das notas (3º de Primaria) | audio | letra | Karaoke |
Star Wars (3º de Primaria) | audio | imaxe | |
Modelado deste lado (4º de Primaria) | audio | partitura | |
Buguina (4º de Primaria) | audio | partitura | |
O sancristán de Coímbra (4º de Primaria) | audio | letra | Karaoke |
Pinceladas nocturnas (5º de Primaria) | audio | patitura | |
Amoriños collín (5º de Primaria) | audio | partitura | |
Quedei de pedra (5º de Primaria) | audio | letra | Karaoke |
Himno á alegría (6º de Primaria) | audio | partitura | |
Minueto (6º de Primaria) | audio | partitura | |
Tumbai (6º de Primaria) | audio | letra |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20150930091814317_0010.jpg | 52.64 KB |
20150929124106002_0010.jpg | 47.73 KB |