PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024
Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2023-2024
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.
A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- Unha vez descargada, cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala asinada de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude telematicamente e asinala en sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario Chave 365 ou con certificado dixital.
As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación para presentar a solicitude asinada presencialmente no centro son:
- De 9.30 a 14.00 horas - De 16.00 a 17.00 horas
Están a súa disposición os seguintes teléfonos para que poidan consultar calquera dúbida ao respecto:
886 110 173 (Secretaría) 886 110 172 (Conserxería) 886 110 170 (Dirección)
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:
- Formulario de Admisión.
- Fotocopia completa do Libro de Familia.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
- 4 fotografías tamaño carnet.
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
- Certificado médico que acredite:
- Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
- Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
- Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
- A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
- Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).
Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.
Prazos:
- Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
- A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.