Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían que me fora avergonzar.
Volvinme á miña casiña, alumada do luar;
rexistrei cada burato para ver que atopar;
atopei fariña munda, un puñiño a todo dar.