Skip to Content

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025 

 

*Solicitudes do 1 ao 20 de marzo

 

1) LEXISLACIÓN            2) PROCEDEMENTO

 

3) DOCUMENTACIÓN    4) IMPRESO ED550B

 

AXUDAS COMEDOR COVID-19

Axudas para o alumnado usuario do comedor

Informamos ás familias usuarias do comedor que a Consellería vai establecer unha serie de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor, durante a situación de suspensión do servizo de comedor por motivo do COVID-19 (Orde 27 de marzo de 2020).

O Real decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19 establece no seu artigo 8 un dereito básico de alimentación de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade que se atopen afectados polo peche, ou suspensión, de centros educativos que se concreta nun dereito a axudas económicas ou a prestación directa de distribución de alimentos. Engade que serán beneficiarias as familias con alumnado de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria a quen as Comunidades Autónomas teñan concedido bolsas ou axudas para o comedor escolar durante o presente curso académico.

A  Consellería vai establecer unhas axudas económicas de 2,5€/día para o alumando gratuíto e de 1,5€/día para o alumnado que actualmente paga 1€ por cada día que fai uso deste servizo. O alumnado que paga 2,5€ ou 4,5€ NON pode acceder a estas axudas. Só poderá acceder o alumnado que figuraba como usuario do comedor a día 31 de xaneiro de 2020.

Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión das clases, que comezaron o día 16 de marzo e que fan un total de 9 días lectivos. A maiores inclúense tamén os 15 días de prórroga que rematan o día 12 de abril. De esta prórroga se contabilizan un total de 5 días lectivos. No caso de haber outra prórroga do estado de alarma calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

Para realizar a solicitude as familias do alumnado gratuito ou que pagan 1€ deben presentar esta solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos empregando un formulario dispoñible na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/), a partir da publicación no DOG da Orde que regula as axudas. Poderanse empregar diferentes mecanismos de identificación e sinatura, así como a Chave 365. A solicitude será única por familia e incluirá a totalidade das fillas e fillos que sexan comensais gratuitos ou paguen 1€.

Aquelas familias que xustificadamente acrediten dificultade para realizar a solicitude, poderán solicitar axuda ao centro mediante correo electrónico:

Correo Electrónico: ceip.castrelo.mino@edu.xunta.es

No caso de solicitar axuda ao centro deberán aportar a seguinte información:

-DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (indicar o número, NON enviar copia)

-Nome do titor /titora ou representante legal, así como nome, apelidos e curso do fillo ou filla



blog | by Dr. Radut