Skip to Content

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025 

 

*Solicitudes do 1 ao 20 de marzo

 

1) LEXISLACIÓN            2) PROCEDEMENTO

 

3) DOCUMENTACIÓN    4) IMPRESO ED550B

 

Premiado no concurso da Muralla de Lugo.

Premiado no concurso da Muralla de Lugo

Unha vez máis somos moi afortunados! o esforzo do noso alumnado viuse recompensado. María Armada  a nosa alumna de sexto de primaria vén de gañar o primeiro premio no apartado de relatos do concurso da Muralla de Lugo. Ademais, outra alumna de sexto, Ainhoa Couceiro, foi finalista na sección de debuxos.Son varios os medios que publicaron esta boa nova como podedes ver nas fotos que seguen.

Noticia no xornal

Noticia no xornal 2

 

Facede clic na imaxe que segue para ver un pequeno vídeo no que o xurado observa os debuxos

 

Vídeo nos medios

 

Pero non remata aquí... María tamén foi unha das 20 finalistas da súa categoría no concurso "Deseña unha xoia para túa nai". En total houbo 80 finalistas, tendo en conta todas as categorías, entre máis de 10000 debuxos! Moi bo traballo María. Podedes ver aquí o seu deseño da xoia e unhas fotos do día do evento.

Debuxo de María

Algúns finalistas

Recollendo o premio finalista

Parabéns as dúas!

 

 

 



page | by Dr. Radut